24 de agosto de 2012

Fragmento de Dune

LIBRO PRIMEIRO - DUNE

- CAPITULO I -

É no momento de empezar cando hai que coidar atentamente que os equilibrios queden establecidos da maneira máis exacta. E isto sábeo ben cada irmá Bene Gesserit. Así, para emprender este estudo acerca da vida de Muad'Dib, primeiro hai que situalo exactamente no seu tempo: nacido no 57° ano do Emperador Padishah, Shaddam IV. E hai que situar moi especialmente a Muad'Dib no seu lugar: o planeta Arrakis. E non hai que deixarse enganar polo feito de que naceu en Caladan e viviu alí o primeiros quince anos da súa vida. Arrakis, o planeta coñecido como Dune, será sempre o seu lugar.

Do «Manual de Muad'Dib», pola Princesa Irulan.

Na semana que precedeu á partida cara a Arrakis; cando o frenesí dos últimos preparativos alcanzara un nivel case insoportable, unha vella muller acudiu a visitar á nai do raparigo, Paul. Era unha suave noite en Castel Caladan, e as antigas pedras que foran o fogar dos Atreides durante vinte e sete xeracións estaban impregnadas daquel húmido frescor que presaxiaba un cambio de tempo. A vella muller foi introducida por unha porta secreta e conducida a través do abovedado pasadizo até a habitación de Paul, onde puido observalo un instante mentres xacía no seu leito.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.