14 de agosto de 2012

Comentario de "Cuentos que nos unen" de Maita Ángeles Cordero

Un conto pode asombrar, impactar, fascinar ou desagradar e non analizas as causas.
Con todo, resulta inquietante o efecto que nos produce a súa lectura. Mergullarse na trama dos contos é mirar nun espello no que, quizá, non miraras até ese momento. Ver a través destes personaxes cousas parecidas ás que nos ocorren léva a preguntar sobre o significado e o sentido de asuntos que na nosa vida non están claros.
Nestes contos, a autora con sinxeleza revela algo que non esperabas atopar en ti.
Estes relatos suxiren cales poden ser as xanelas a un mundo descoñecido até certo punto, que é o transxeneracional. Neste camiño ao pasado da nosa familia ilumínanse sucesos que permaneceron na sombra. Para algúns atopar estes conflitos non resoltos pode ser moi doloroso pero o resultado de encaralos facilita cambiar actitudes e hábitos que nos limitaron para tomar a forza da vida e así desenvolver a creatividade para gozala.
Grazas á mirada sistémica e transxeneracional da autora, estes contos convértense nun material que pon en movemento recordos, necesidades, íntimos desexos, que descubrimos como novos pero que sempre estiveron aí. Atopa e sente cal é o conto máis adecuado para a túa historia e goza a aventura de pescudar por que o é.

Angélica Olvera de Malpica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.