3 de agosto de 2012

Inicio de "Xuliano, o Apóstata", de Gore Vidal

Coñecido por moitas novelas históricas o escritor falecido esta semana publicou unha obra sobre o emperador Xuliano.


LIBANIO A PRISCO 
Antioquía, marzo de 380


Onte pola mañá, cando estaba a piques de entrar no salón de clases, fun detido por un estudante cristián que me preguntou con voz maliciosa:
- Ouvistes falar do emperador Teodosio?
Aclareime a garganta mentres pensaba no sentido da pregunta, pero o meu interlocutor foi máis rápido ca min.
-Foi bautizado como cristián -agregou.
Non dixen palabra. Nestes tempos nunca se sabe cando se está ante un axente secreto. Ademais, a noticia non me sorprendía demasiado. Cando Teodosio caeu enfermo o último inverno e os bispos chegaron como voitres para rogar por el, comprendín que se o emperador recobrábase outorgaríalles toda a súa confianza por salvalo.
Sobreviviu. E agora temos un emperador cristián en Oriente, para competir con Graciano, o noso emperador cristián de Occidente. Era inevitable. Volvinme para entrar no salón, pero o mozo aínda non finalizara a súa agradable tarefa.
-Teodosio tamén promulgou un edicto. Acaba de ser lido fronte ao edificio do Senado. Fun a ouvilo. Non habedes ir?
-Non, pero sempre me deleitou a prosa imperial -dixen cortésmente.
-Pois esta non vos deleitará. O emperador declarou herexes a todos aqueles que non seguen ao credo Niceno.
-Témome que a teoloxía cristiá non sexa desde logo a miña especialidade. Vexo difícil que o edicto se aplique aos que aínda teñen fe na filosofía.
-Aplícase a todos en Oriente -dixo isto despaciosamente, sen deixar de mirarme-. O emperador designou a un inquisidor para que determine a fe de cada cidadán.
Remataron os días de tolerancia.
Quedei sen fala. O sol cegábame. Todas as cousas semellaban confusas e pensei se estaría a piques de perder a consciencia ou de morrer. Pero as voces de dous colegas volvéronme á realidade. Pola forma en que me saudaron, podo dicir que tamén eles estaban decatados do edicto e tiñan curiosidade por coñecer a miña reacción. Pero non lles din satisfacción.
-Xa o esperaba -díxenlles-. A emperatriz Póstuma escribiume esta mesma semana para dicirme que... - inventei o que quixen. Por suposto, non tivera noticias da emperatriz desde había meses, pero penso que o inimigo non esquecerá até que punto gozo do favor de Graciano e Póstuma. É humillante verse obrigado a defenderse desta maneira, pero estes tempos están cheos de perigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.