5 de febreiro de 2012

Un estudo censa case 5.000 asociacións culturais activas fora das cidades

Que a cultura existe máis aló do monte Gaiás e da proliferación, agora presumiblemente no seu ocaso, de infraestruturas asociadas aos bancos e caixas demóstrao a existencia de case 5.000 asociacións activas nos concellos menores de 50.000 habitantes. Esa é, polo menos, a cantidade censada no informe A situación sociocultural dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes.

Os datos, recollidos nun traballo de campo realizado entre o 10 de outubro de 2008 e o 10 de febreiro de 2009 e que abarca 273 municipios, constatan exactamente 4.955 agrupacións. Delas, un 24,2% aparecen definidas como "asociacións culturais ou centros socio recretaivos con actividades culturais". Despois figuran as asociacións de veciños (16,3%), as musicais ou corais (10,4%) e os clubs deportivos (10,1%). Con menos presenza, pero igualmente determinantes para mapear o tecido asociativo do país, son mencionadas as organizacións de mulleres, cívicas ou xuvenís, e os grupos de danza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.