24 de febreiro de 2012

Lectura I

Ler implica elementos tanto físicos como mentais. Respecto dos elementos mentais diremos que o termo lectura será para nós sinónimo de comprensión. Respecto dos elementos físicos diremos que o movemento dos ollos na lectura consiste en tres actividades:

1. A fixación. Ten lugar cando os teus ollos detéñense. É o momento en que se le.

2. Os movementos bruscos. Se observas os ollos dalgunha persoa que está a ler, verás que os movementos non son suaves senón que o ollo vai a saltos.

3. A varrida de retorno. Cando os ollos alcanzan o final da liña, pasan á seguinte realizando este terceiro movemento.

Como len os bos lectores? 
Os lectores eficientes len o material aproximadamente de 3 a 5 veces máis rápido que o lector medio. Teñen un movemento dos ollos suave e rítmico mentres van avanzando ao longo do material, con poucas regresións (ou relecturas do material). Os seus ollos sempre están no lugar previsto, no canto de ir vagando pola páxina. Tamén teñen unha ampla zona de enfoque sobre as palabras. Reduciron o seu nivel de subvocalización (dicirse a eles mesmos a palabra) a un mínimo. Teñen un enfoque flexible e sistemático para moitos tipos diferentes de material, así como boa concentración e memoria.

Como len os malos lectores? 
Len todo á mesma velocidade. Pero hai que adaptar a velocidade ao nivel de dificultade.

Realizan movementos ineficientes dos ollos.

Regresións innecesarias: volven atrás para reler material que xa leran

Movementos arrítmicos: saltan os seus ollos ao redor da páxina, especialmente cando están cansos

Varridas de retorno defectuosas: cando terminan unha liña, non volven rapidamente á primeira palabra da seguinte

Pouca superficie de fixación: perciben só 4 palabras cada vez que os seus ollos fíxanse

Subvocalizan. Dinse as palabras segundo van léndoas

Mala concentración. Pensan noutras cousas cando len.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.