Pedro Osorio de Villalobos, señor de Navia, Burón e Val de Lourenzá, foi un nobre galego que foi xefe da Irmandade no centro de Galicia, en especial no señorío de Santiago, onde participou activamente na destrución do castelo de Rocha Forte.
Era o quinto fillo de Pedro Álvarez Osorio, señor de Villalobos e primeiro conde de Trastámara, que faleceu despois do cerco de Santiago de Compostela. Por matrimonio estaba vinculado á familia dos Moscoso.
Foi derrotado por Pedro Madruga na Almáciga, ás portas de Compostela, e en 1469 quedou preso por Diego de Andrade en Pontedeume onde morreu.
Tivo catro fillos do seu matrimonio con Urraca de Moscoso; Afonso Osorio de Moscoso (que morreu de peste en 1496 en Flandres), Bernal Yáñez de Moscoso, Rodrigo Osorio de Moscoso, segundo conde de Altamira finado o 15 de xaneiro de 1510 en Orán e Álvaro Osorio de Moscoso, dominico bispo de Astorga.
Xa comentamos que curiosamente un dos seus fillos, Rodrigo, casou con Tereixa de Haro e Andrade, filla do seu captor Diego de Andrade.
3 de novembro de 2017
2 de novembro de 2017
Aforismos de Leonardo
303.- b) Os que teñen os trazos faciais moi pronunciados en relevo e profundidade, son homes bestiais, iracundos e de escaso entendemento.
1 de novembro de 2017
Inicio de PREDADORES
MARIO VARGAS LLOSA
PREDADORES
O escritor norteamericano Paul Theroux, autor, entre outras novelas, da divertida A costa do mosquito, e de exitosos libros de viaxes, descubriu hai un tempo que un anticuario británico ofrecía no seu catálogo varios libros seus dedicados de puño e letra ao seu amigo, modelo e mentor, Sir Vidia S. Naipaul. Indignado, pediu explicacións. Unha nova humillación esperábao: no canto de contestarlle Naipaul en persoa, fíxoo a súa nova muller, unha xornalista paquistaní tan bela como expeditiva, que deshaució a Theroux cunhas liñas burlonas. A vinganza deste é un libro infame e entretenidísimo, Sir Vidia's Shadow: a Friendship across Five Continents, que desaconsello comprar, e mesmo botarlle unha ollada nunha libraría, porque quen o faga terminará léndoo de punta a cabo.
Theroux coñeceu a Naipaul -uns dez anos maior que el- hai tres décadas, en Kenia, na Universidade de Makerere, onde ambos traballaban, e quedou fascinado polo talento e a personalidade do escritor indio-trinitario-inglés, a quen as súas espléndidas novelas Unha curva no río e Unha casa para Mr. Biswas xa fixeran famoso. Converteuse no seu discípulo, o seu chofer, o seu mandadero, e, en premio á súa devoción, Naipaul se dignaba de tanto en tanto instruílo sobre os segredos da xenialidade literaria, e, tamén, ás veces, como quen lanza uns cobres a un esmoleiro, sobre a súa concepción do mundo, do ser humano, do Africa e da historia.
...

31 de outubro de 2017
A arquitectura urbana no Antigo Exipto
A arquitectura urbana no Antigo Exipto.
O val do Nilo estivo moi poboado. Había concentracións urbanas que se emprazaban a beiras do río e aldeas rurais que animaban os diferentes nomos. Con todo, destas poboacións non quedan restos, pois o fráxil material de adobe non resistiu o paso do tempo. Tan só quedan algúns exemplos como El-Lahun -onde vivían os obreiros que durante a XII dinastía traballaron nas construcións funerarias de Sesostris II- e Deyr el-Medina, lugar habitado polos traballadores da necrópole de Tebas. Ambos os exemplos permiten esbozar de forma somera o urbanismo exipcio deste período.
O poboado de El-Lahun estaba no Fayum, contaba cunha planificación rectangular de rúas ortogonais e atopábase rodeado por un muro.
A cidade delimitaba perfectamente dúas zonas separadas por un murete. A zona occidental estaba constituída por unha arteria máis ancha en sentido norte-sur, con rúas perpendiculares nas que se aliñaban pequenas casas dunha planta con dúas ou tres pezas. A zona oriental, moito máis ampla, contaba con casas espazosas de dous pisos, que debían pertencer a funcionarios, e unha rúa principal ampla en sentido este-oeste.
Deyr el-Medina atopábase á altura de Tebas, na outra beira do Nilo. Construíuse durante a XVIII dinastía para os obreiros do Val dos Reis. A cidade ampliouse varias veces, polo que os muros que rodeaban o núcleo orixinario, trapezoidal, quedaron circundados por barrios adxacentes con casas amplas. O centro contaba cunha rúa principal e rúas transversais. As casas eran de planta rectangular con habitacións contiguas e terraza plana no piso superior. As xanelas e portas eran de pedra.
A cidade de Akhenatón (actual Amarna) é a única capital imperial da que se pode dar conta. Estaba situada na beira occidental do Nilo, entre o río e unha cordilleira montañosa. No centro alzábanse o palacio, o templo e as casas nobres. Nos seus arredores había casas de distinta condición, sen un plan urbano moi estruturado.
A cidade organizábase en tres sectores delimitados por arterias perpendiculares ao río. As casas da poboación de status elevado contaban con dous sectores separados, un destinado á vivenda nobre e outro para os servizos, onde estaban a cociña, os celeiros, os cortellos e os almacéns.
A vivenda tiña dous pisos. No inferior un vestíbulo daba acceso a unha sala de recepcións, que estaba rodeada de habitacións e contaba con sala de baño. No piso superior atopábanse as habitacións reservadas á familia. A casa tiña tamén xardín con estanque e pozo.
Nas proximidades da zona oriental da cidade atopábase o barrio de traballadores cunha clara planificación ortogonal.

30 de outubro de 2017
29 de outubro de 2017
PERO GÓMEZ BARROSO
PERO GÓMEZ BARROSO
Do que sabía nulha ren non sei,
polo mundo, que vej'assí andar;
e, quand'i cuido, hei log'a cuidar,
per boa fe, o que nunca cuidei:
ca vej'agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
Aqueste mundo, par Deus, non é tal
qual eu vi outro, non ha gran sazón;
e por aquesto, no meu coraçón,
aquel desej'e este quero mal,
ca vej'agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E non receo mia morte por én,
e, Deus-lo sabe, quería morrer,
ca non vejo de que haja prazer
nen sei amigo de que diga ben:
ca vej'agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E, se me a min Deus quisess'atender,
per boa fe, ua pouca razón,
eu post'havía no meu coraçón
de nunca jamais neún ben fazer,
ca vej'agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E non daría ren por viver i
en este mundo máis do que viví.
Do que sabía nulha ren non sei,
polo mundo, que vej'assí andar;
e, quand'i cuido, hei log'a cuidar,
per boa fe, o que nunca cuidei:
ca vej'agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
Aqueste mundo, par Deus, non é tal
qual eu vi outro, non ha gran sazón;
e por aquesto, no meu coraçón,
aquel desej'e este quero mal,
ca vej'agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E non receo mia morte por én,
e, Deus-lo sabe, quería morrer,
ca non vejo de que haja prazer
nen sei amigo de que diga ben:
ca vej'agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E, se me a min Deus quisess'atender,
per boa fe, ua pouca razón,
eu post'havía no meu coraçón
de nunca jamais neún ben fazer,
ca vej'agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E non daría ren por viver i
en este mundo máis do que viví.
28 de outubro de 2017
Museo do Ferrocarril de Galicia
O Museo do Ferrocarril de Galicia está situado en Monforte de Lemos, provincia de Lugo.
A visita a este museo nas antigas instalacións ferroviarias que no seu día albergaron un dos máis importantes depósitos de tracción vapor do norte de España, resulta moi entretida.
Monforte coa chegada do tren converteuse no principal nó ferroviario de Galicia e dende a estación monfortina distribuíase, cara aos eixos Lugo-Ferrol-A Coruña e Ourense-Vigo, o crecente tráfico de viaxeiros e mercadorías que entraba en Galicia procedente de Castela e Cataluña e tamén do que saía de chan galego cara a esas rexións.
As instalacións de RENFE, aínda na actualidade, son as máis extensas que a empresa ten na Comunidade galega, cunha superficie de máis de 270.000 metros cadrados. A pesar de que foi perdendo este pulo, foi un dos berces do ferrocarril en Galicia.

E alí, a Fundación dos Ferrocarrís de Galicia, promove e xestiona o MUSEO DO FERROCARRIL DE GALICIA.
Destaca unha nave circular cun deseño propio da arqueoloxía industrial de principios do século XX e unha praia con 40 vías que se enlazan a través dunha ponte xiratoria que se utiliza tamén para inverter a marcha da locomotora de vapor.
Unha das pezas mais interesantes é a locomotora de vapor "Mikado", construída en 1953 na Gran Bretaña en Glasgow, Escocia. Foi adquirida por RENFE e prestou servizo ata o 1975. Evitouse o seu despezamento ao asignarse, en 1980, ao Museo Nacional do Ferrocarril. En 1983 foi reparada para ser empregada no tren turístico "da fresa" que circula entre Madrid e Aranjuez.
Outra curiosidade e o coche salón ou presidencial; un vagón con caixa de madeira construído en Beasaín en 1929 para o director da Compañía dos Ferrocarrís do Norte. Dispón dun salón, dormitorio con gabinete de traballo, aseo con ducha, cociña e compartimento de acompañantes. Está dotado con calefacción, aire acondicionado e teléfono.
Mais fotos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)