26 de setembro de 2026

Un afiador en Badajoz

En Sempre en Galiza, Castelao escrebe estando en Badajoz:

Hoxe topeime cun afiador ourensán, e os dous tíñamos morriña: el pola súa aldea, onde deixou unha moza; eu pola miña Patria, onde campan os funcionarios forasteiros e runflan os galegos descastados. Falamos moito, e no remate da nosa conversa o afiador apañou a "roda" e foise polas rúas, a pregoar no asubío os seus anceios amorosos. Eu quedeime a miralo, envexoso da súa mocedade e da súa sinxeleza, a rillar as miñas arelas patrióticas, coa esperanza entristecida de tanto agardar o triunfo dos nosos ideais de liberdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.