Baixo un pálido ceo de abril, cun leve vento que disipaba o recordo invernal, o ancián entrou no parque case baleiro ao mediodía. Os seus lentos pés estaban envolvidos en vendas manchadas de nicotina, e tiña os cabelos enmarañados, longos e grises, o mesmo que a súa barba, rodeando unha boca que parecía tremer continuamente chea de revelacións.
O ancián mirou cara atrás coma se perdera máis cousas das que podía empezar a lembrar alí, na chea de ruínas, ante a desdentada silueta da cidade. Ao non atopar nada, seguiu arrastrando os pés ata que localizou un banco ocupado por unha muller solitaria. Contemplouna, asentiu coa cabeza, sentou ao outro extremo do banco e non volveu mirala.
Permaneceu cos ollos pechados e a boca ocupada durante tres minutos, movendo a cabeza coma se o seu nariz estivese a escribir unha palabra no aire. Feito isto, abriu a boca para pronunciar a palabra con voz clara e aguda:
- Café.
...
31 de xaneiro de 2015
30 de xaneiro de 2015
Fragmento de "O velorio" de Francisco Taxes
XUSTO: ¡O benfeitor! (lene paradela) Naceu rico coma un porco e coma un porco morreu...
O FATO: ¡Morreu coma un porco! (cantan) ¡Ailalelo, ailalalalo...!
XUSTO: Fixo dous porquiños que vivirán coma porcos deica morrer...
O FATO: ¡Deica morrer!
XUSTO: E o pobo será o seu cebadeiro e endexamais lle sacará o cebullo...
O FATO: ¡Endexamais, endexamais!
XUSTO: Todo o pasto será pra iles... E prós porcos fillos... E prós porcos netos... Será unha familia de porcos deica a eternidade...
O FATO: ¡Porcos, porcos, porcos!

29 de xaneiro de 2015
Fragmento de Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro.
Texto de Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931.
Sara xa non durmía na súa casa. Tiña medo e pasaba as noites cos pais. Os vellos estaban moi preocupados pola situación na que se atopaban a filla e mailo xenro, sempre temendo o peor. Aínda había ben pouco que celebraran os funerais por Agustín, o fillo que lles caera na fronte a pouco de comenzala guerra. Unha traxedia que latexaba no seu corazón e nas súas mentes, pois que mergullara en fonda dolor a toda a familia. E velaí que agora por riba lles viña aquela ameaza contra Gregorio. O de Agustín, anque lles doía, admitíano xa como inevitable porque era máis comprensible para eles. Viña ser case unha cousa natural: un soldado que morre na guerra. As guerras teñen esas cousas. ;Acaso non morerra na guerra de Cuba un irmán do señor Eleuterio, entre outros mozos do concello? Pero o de Gregorio non sabían aceptalo, non podían, porque para eles non tiña a "lóxica" do outro caso, da morte do fillo. 'Aquilo de que o quixesen 'pasear' resultáballes escuro e estraño, amais de cheirar a asasinato, algo que non collía no entendemento dos dous vellos."

28 de xaneiro de 2015
Fragmento de Adios María, de Xohana Torres
Sexto e último aviso: Escribe escribe ben o que che pasará se segues comendo as unllas ademais non as leva o estómago ademais fan unha bóla no apéndice, se che dá un retorzón apañaremos todos ademais.
(...)
(...)
27 de xaneiro de 2015
Inicio de CARTAS POLO MAR PARA UN MORTO CHAMADO LUIS PIMENTEL, de Bernardino Graña
I
Perto de todo, Luís, estás na terra.
Auga, aire, fogo, terra eres agora.
Nada virá a entrubarte. Estás seguro.
Ben gardado estás ti, rabia abafada.
Corpo de Compostela e Lugo e todas
as cidades e os homes e as estrelas,
descansa en tanto nós seguir, seguimos,
loucamente, en tranvías e en mil cousas.

26 de xaneiro de 2015
TUA ROITA de Manuel Cuña
Eramos camaradas dun mesmo camiño.
Malia que a hora chegou sin consolo ou axuda, atopounos dispostos;
nosas roitas distintas serían e o impulso inicial
cada un afirmou ao seu xeito.
Avivache o alento que alcende nas tebras os sonos
e a tua voz derrubouse entre unha renuncia e un so escomenzo:
remexeron as ágoas o sangue dunha antiga pracenta
que os teus pasos, perdidos, limparon. E nas mans o teu froito
cinza crara tornouse. Non servíu a semente pra o anxo que cuida das nosas roseiras.

25 de xaneiro de 2015
Apocalipse no taller
Entro cun compañeiro no taller de mecanizado, el sentase e empeza a facer unha peza nun torno e eu quedo a falar con el sen facer nada.
Ando pola clase e o propio lugar vai cambiando ao mesmo tempo que me dou conta de que o meu compañeiro tamén cambia e de súpeto lanzase contra min coma un zombi famélico. Eu collo o primeiro obxeto que vexo, golpeo e morre. A súa carne e osos parecían moito máis brandos do normal, pero había máis xente na clase, cada vez van xurdindo máis zombis. Por algún motivo algúns téñenme moito parecido a personaxes dos Simpson.
Eu sigo golpeando indiscriminadamente, pero os obxetos que uso esnaquizoos, collo cada ves unha arma nova, tamén encontro varas de madeira e mato algún con ela.
O escenario xa esta cambiado, agora o recinto esta cheo de caixas de cartón coas que choco, os zombis tamén usan as caixas para moverse entre elas, un deles sae dunha a medio metro miña e eu co primeiro que pillo fago o seu craneo añicos saltando todos os sisos no aire.
O escenario volve cambiar, agora estou loitando contra os zombis nun galiñeiro, síntome moi atrapado e axitado porque doume de conta de que so teño preto unha mini porta das galiñas para saír e inda estaba pechada, os zombis seguen por min e non me quedan armas, entón no medio do alboroto collo un galo grande polas patas e empezo a golpear zombis con el.
FIN
cazandosonos.blogspot.com
Ando pola clase e o propio lugar vai cambiando ao mesmo tempo que me dou conta de que o meu compañeiro tamén cambia e de súpeto lanzase contra min coma un zombi famélico. Eu collo o primeiro obxeto que vexo, golpeo e morre. A súa carne e osos parecían moito máis brandos do normal, pero había máis xente na clase, cada vez van xurdindo máis zombis. Por algún motivo algúns téñenme moito parecido a personaxes dos Simpson.
Eu sigo golpeando indiscriminadamente, pero os obxetos que uso esnaquizoos, collo cada ves unha arma nova, tamén encontro varas de madeira e mato algún con ela.
O escenario xa esta cambiado, agora o recinto esta cheo de caixas de cartón coas que choco, os zombis tamén usan as caixas para moverse entre elas, un deles sae dunha a medio metro miña e eu co primeiro que pillo fago o seu craneo añicos saltando todos os sisos no aire.
O escenario volve cambiar, agora estou loitando contra os zombis nun galiñeiro, síntome moi atrapado e axitado porque doume de conta de que so teño preto unha mini porta das galiñas para saír e inda estaba pechada, os zombis seguen por min e non me quedan armas, entón no medio do alboroto collo un galo grande polas patas e empezo a golpear zombis con el.FIN
cazandosonos.blogspot.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)