15 de agosto de 2026

Inicio de Cantará o pó os teus encomios?

Cantará o pó os teus encomios?
Damon Knight

E o Día da Cólera chegou. O ceo resoou con trompetas, angustiantes, ominosas. Por todas partes as secas rocas alzáronse, xemindo, e caeron desmoronadas. Logo o ceo brilou, e en resplandor apareceu un trono de lume branco, nun arco iris que ardía verde.

Os lóstregos zigzagueaban desde todos os horizontes. Ao redor do trono flotaban sete maxestuosas figuras vestidas de branco, con cintas douradas cruzando os seus peitos; e cada unha levaba na súa xigantesca man unha redoma que humeaba cara ao ceo.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.