5 de agosto de 2026

Sabes a que oba pertence este fragmento?

Cando o seu hóspede marchou, o Xuíz Santini deixouse caer pesadamente cara atrás. Esta noite estaba canso, máis canso do que lembraba estar nunca. E persistía aínda o recordo daquela dor, moi fondo dentro do seu peito.

Só faltaban dúas semanas para o ano novo. Século novo, tamén. Resultaría estraño escribir dous mil no canto de mil novecentos e pico, como fixera toda a súa vida.

1 de xaneiro de 2000. Por algún motivo parecía unha data rara. Fixo soar a campanilla para que acudise Rosa e déselle o seu medicamento. Canto deste novo século vería? O pensamento resultaba moi deprimente.

Na silenciosa habitación, o tic-tac do anticuado reloxo soaba moi forte.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.