Quero darche unha pomba para a tebra onde habitas
e douche a miña pel que latexa cal pomba namorada.
Quero darche unha verba alcendida de doces agarimos
para o teu corazón que chora sangue núa
e douche os meus beizos que deitan sangue de orfos menceres.
31 de decembro de 2013
30 de decembro de 2013
Unha frase para empezar a semana
Quen non é capaz de perdoar, destrúe o punto que lle permitiría pasar por el mesmo. Perdoar é esquecer. O home perdoa e sempre esquece; en cambio a muller soamente perdoa .
Ghandi
29 de decembro de 2013
FERNÁN GARCÍA ESGARAVUNHA [B 1511]
FERNÁN GARCÍA ESGARAVUNHA [B 1511]
Esta ama, cuj'é Joán Coelho,
per bõas manhas que soub'aprender,
cada u for, achará bon conselho:
ca sabe ben fiar e ben tecer
e talha mui ben bragas e camisa;
e nunca vistes molher de sa guisa
que máis limpia vida sabia fazer;
ant', é hoje das molheres preçadas
que nós sabemos en nosso logar,
ca lava ben e faz bõas queijadas
e sabe ben moer e amassar
e sabe muito de bõa leiteira.
Esto non digu'eu por ben que lhi queira,
mais porque ést'assí, a meu cuidar.
E seu marido, de crastar verrões,
non lh'achan par, de Burgos a Carrión,
nen a ela de capar galiões
fremosament', assí Deus mi pardón.
Tod'esto faz; e cata ben argueiro
e escanta ben per olh'e per calheiro
e sabe muito bõa escantaçón.
Non acharedes, en toda Castela,
graças a Deus, de que mi agora praz,
melhor ventrulho nen melhor morcela
do que a ama con sa mão faz;
e al faz ben, como diz seu marido;
faz bon souriç'e lava ben transsido
e deita ben galinha choca assaz.

28 de decembro de 2013
2ª Parte de 20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XLV)
O Nautilus descendeu aínda máis, a pesar da poderosa presión que sufría. Eu sentía os seus ferros
tremer baixo as xunturas das súas porcas; os seus barrotes se arqueaban; os seus tabiques xemían; os cristais
do salón parecían combarse baixo a presión da auga. O sólido aparello cedería, sen dúbida, se tal como
dixera o seu capitán non fose capaz de resistir como un bloque macizo.
Ao rasar as paredes das rocas perdidas baixo as augas puiden ver aínda algunhas cunchas, sérpulas,
espios vivos e algúns espécimes de asterias. Pero pronto estes últimos representantes da vida
animal desapareceron, e, por baixo das tres leguas, o Nautilus excedeu os límites da existencia
submarina, como o fai un globo que se eleva no aire por encima das zonas respirables.
Alcanzaramos unha profundidade de dezaseis mil metros -catro leguas-, e os flancos do
Nautilus soportaban entón unha presión de mil seiscentas atmosferas, é dicir, de mil seiscentos
quilogramos por cada centímetro cadrado da súa superficie.
- Que situación! -exclamei-. Percorrer estas profundas rexións ás que o home xamais chegara! Mire, capitán, mire esas magníficas rocas, esas grutas deshabitadas, eses últimos receptáculos do Globo onde a vida non é xa posible. Que mágoa que nos vexamos reducidos a non conservar máis que o recordo destes lugares descoñecidos!
- Gustaríalle levar algo mellor que o recordo? -preguntoume o capitán Nemo.
- Que quere vostede dicir?
- Quero dicir que non hai nada máis fácil que tomar unha vista fotográfica desta rexión submarina.
Case non tivera tempo para expresar a sorpresa que me causou esta nova proposición cando, a unha simple orde do capitán, trouxeron unha cámara fotográfica. A través dos paneis, o medio líquido, iluminado electricamente, distinguíase cunha claridade perfecta. Non fose o sol máis favorable a unha operación desta natureza. Controlado pola inclinación dos seus planos e pola súa hélice, o Nautilus permanecía inmóbil. Enfocouse o instrumento sobre a paisaxe do fondo oceánico, e nalgúns segundos puidemos obter un negativo dunha extremada pureza. É o positivo o que ofrezo aquí. Ven nel esas rocas primordiais que non coñeceron xamais a luz do ceo, eses granitos inferiores que forman a forte base do Globo, esas grutas profundas baleiradas na masa pétrea, eses perfís dunha incomparable liña con remates destacados en negro coma se debésense aos pinceis dalgúns artistas flamencos. Logo, máis aló, un horizonte de montañas, unha admirable liña ondulada que compón os planos de fondo da paisaxe. Son incapaz de describir ese conxunto de rocas lisas, negras, brunidas, sen ningunha adherencia vexetal, sen unha mancha, de formas extranamente recortadas e solidamente establecidas sobre unha capa de area que brillaba baixo os resplandores da luz eléctrica. Tras terminar a súa operación, o capitán Nemo díxome.
- Ascendamos, señor profesor. Non convén abusar da situación nin expor por máis tempo ao Nautilus a tales presións.
- Subamos -respondín.
- Agárrese ben. Non tivera case tempo de comprender a razón da recomendación do capitán cando me vin derrubado ao chan. Embragada a hélice a un sinal do capitán e ergueitos verticalmente os seus planos, o Nautilus elevábase cunha rapidez fulgurante, como un globo no aire, e cortaba a masa da auga cun estremecimento sonoro. Ningún detalle era xa visible. En catro minutos franqueou o catro leguas que lle separaban da superficie do océano, e tras emerxer como un peixe voador, recaeu sobre ela facendo saltar a auga a unha prodixiosa altura.

27 de decembro de 2013
FERNÁN GARCÍA ESGARAVUNHA [B 1510]
FERNÁN GARCÍA ESGARAVUNHA [B 1510]
Nenguén-min, que vistes mal doente
de mao mal, ond'houver'a morrer,
eu puj'a mão en el, e caente
o achei muit', e mandei-lhi fazer
mui boa cama, e adormeceu;
e espertou-s'e cobriu-s'e peeu,
e ora jamais guarido se sente.
Achei-o eu jazer desacordado,
que non cuidei que podesse guarir;
e, pois eu vi que era mal coitado,
mandei-o ben caentar e cobrir;
e, des que s'el ben coberto sentiu,
estornudou tres peidos e guariu
ja-quanto máis, e é máis arriçado.
Achei-o eu mal doente, u jazía
desacordado todo con o mal;
e non cuidava que guarecería;
mais a mercee de Deus quanto val!
que, u sa gente del desasperou,
feriu tres peidos e determinhou
e conhoceu, ca ja non conhocía.
Deste mal non cuidei que guarecesse,
pero mandei-lhi fazer ua ren:
que aquel día per ren non comesse
e se deitasse e se cobrisse ben;
e el deitou-se e cobriu-s'entón,
e peeu ben e houve coraçón
pois de bever, e dix'eu que bevesse.
Nenguén-min, que vistes mal doente
de mao mal, ond'houver'a morrer,
eu puj'a mão en el, e caente
o achei muit', e mandei-lhi fazer
mui boa cama, e adormeceu;
e espertou-s'e cobriu-s'e peeu,
e ora jamais guarido se sente.
Achei-o eu jazer desacordado,
que non cuidei que podesse guarir;
e, pois eu vi que era mal coitado,
mandei-o ben caentar e cobrir;
e, des que s'el ben coberto sentiu,
estornudou tres peidos e guariu
ja-quanto máis, e é máis arriçado.
Achei-o eu mal doente, u jazía
desacordado todo con o mal;
e non cuidava que guarecería;
mais a mercee de Deus quanto val!
que, u sa gente del desasperou,
feriu tres peidos e determinhou
e conhoceu, ca ja non conhocía.
Deste mal non cuidei que guarecesse,
pero mandei-lhi fazer ua ren:
que aquel día per ren non comesse
e se deitasse e se cobrisse ben;
e el deitou-se e cobriu-s'entón,
e peeu ben e houve coraçón
pois de bever, e dix'eu que bevesse.
26 de decembro de 2013
Aforismos de Leonardo
133.- Pero vas e cheas de erros parécenme aquelas ciencias que
non nacen da experiencia, nai de toda certidumbre, nin terminan nunha
noción experimental; é dicir, tales que, nin a súa orixe nin o seu medio, nin o seu
fin pasan por ningún do cinco sentidos.
25 de decembro de 2013
INVERNO de Luis Pimentel
Deixarás caer as túas ricas roupas
sobre iste chao miserento.
Estamos na máis humilde casa.
Pola única ventá
contemplamos os farrapos diste día ditoso.
A chuvia bórranos
—pra ledicia nosa—
os brancos, os luminosos
cabalos do estío.
Non queiras pensar
que sobre iste ceo de mendigo
eisiste unha xoia brillante.
Estamos rodeados
dunha natureza miserenta.
Esta paisaxe
xa a presentimos algunha vez.
Viñemos eiquí
por un raro pracer.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)