13 de xuño de 2026

Textos

Creo que eu son quen cambiou: é a solución máis simple. Tamén a máis desagradable. Pero debo recoñecer que estou  suxeito a estas súbitas transformacións. O que pasa é que de cando en cando penso; entón sen decatarme, acumúlase en min unha multitude de pequenas metamorfoses, e un bo día  prodúcese  unha verdadeira revolución. É o que deu a miña vida a este aspecto desconcertante, incoherente.

Jean  Paul   Sartre |  A  Náusea

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.