Undécimo cumpre das nenas onte domingo en Marineda City coas amigas do cole. Barra libre de comida e potingue (Morde a Pasta) + Peli infantil (Zootrópolis).
Once nenos encantados co plan. Dous adultos apreciando o éxito de idéaa pero confesando para si fallos "in elixendo" et "in vixiando".
A nosa esperanza de dimisión como pais organizadores de cumpres sobre a mesa, cada vez máis próxima.
Un ano máis. Un ano menos.
DGM
14 de marzo de 2016
13 de marzo de 2016
LOPO LÍAS
LOPO LÍAS [B 1342 / V 949]
En este son de negrada,
farei un cantar
dua sela canterlada,
liada mui mal;
esté a sela pagada,
e direi do brial:
«Todos colhón, colhón, colhón
con aquel brial de Sevilha,
que aduss'o infançón
aquí, por maravilha».
En este son de negrada,
un cantar farei
dua sela canterlada,
que vi ant'el-Rei;
esté a sela pagada,
e do brial direi:
«Todos colhón, colhón, colhón
con aquel brial de Sevilha,
que aduss'o infançón
aquí, por maravilha».
Logo fui maravilhado
pelo ascarí,
e assí fui espantado
polo socerí;
vi end'o brial talhado
e dixi-lh'eu assí:
«Todos colhón, colhón, colhón
con aquel brial de Sevilha,
que aduss'o infançón
aquí, por maravilha».
En este son de negrada,
farei un cantar
dua sela canterlada,
liada mui mal;
esté a sela pagada,
e direi do brial:
«Todos colhón, colhón, colhón
con aquel brial de Sevilha,
que aduss'o infançón
aquí, por maravilha».
En este son de negrada,
un cantar farei
dua sela canterlada,
que vi ant'el-Rei;
esté a sela pagada,
e do brial direi:
«Todos colhón, colhón, colhón
con aquel brial de Sevilha,
que aduss'o infançón
aquí, por maravilha».
Logo fui maravilhado
pelo ascarí,
e assí fui espantado
polo socerí;
vi end'o brial talhado
e dixi-lh'eu assí:
«Todos colhón, colhón, colhón
con aquel brial de Sevilha,
que aduss'o infançón
aquí, por maravilha».
12 de marzo de 2016
Inicio de A ONDADA MARCIANA
A ONDADA MARCIANA
Dimitri Bilenkin
Silencio, calma e despois un lixeiro rumoreo. Así comeza a ondada marciana.
Un pode pasarse horas enteiras sentado ao pé das penas vermellas, contemplar a inmensidade dos areais e escoitar, escoitar. O rumoreo óuvese por todas as partes e en ningures. Parece coma se, desde o ceo violáceo, as nubes deixasen caer un orballo semitransparente de gránulos de xeo. Alguén dixo que era un rumoreo cristalino. Levaba razón.
Cando se acala o rumoreo, a area estremécese e pesada e lenta, vaise alzando a onda. Arrástrase até cubrir os secos peñascos e aséntase paulatinamente. Entón as rocas calan a area por abaixo. Dá a sensación de que unha quixada falta de dentes, tritura a onda. Polas rocas planas se escurren
perezosamente uns vultos de area. A onda volve a encresparse.
Ao redor todo é quetude. Ao lonxe divísase a area en calma e, inmutables como a eternidade, as penas vermellas. Soamente aquí nesta baía e á beira mesmo da beira é onde se mecen as ondas marcianas.
...
Dimitri Bilenkin
Silencio, calma e despois un lixeiro rumoreo. Así comeza a ondada marciana.
Un pode pasarse horas enteiras sentado ao pé das penas vermellas, contemplar a inmensidade dos areais e escoitar, escoitar. O rumoreo óuvese por todas as partes e en ningures. Parece coma se, desde o ceo violáceo, as nubes deixasen caer un orballo semitransparente de gránulos de xeo. Alguén dixo que era un rumoreo cristalino. Levaba razón.
Cando se acala o rumoreo, a area estremécese e pesada e lenta, vaise alzando a onda. Arrástrase até cubrir os secos peñascos e aséntase paulatinamente. Entón as rocas calan a area por abaixo. Dá a sensación de que unha quixada falta de dentes, tritura a onda. Polas rocas planas se escurren
perezosamente uns vultos de area. A onda volve a encresparse.
Ao redor todo é quetude. Ao lonxe divísase a area en calma e, inmutables como a eternidade, as penas vermellas. Soamente aquí nesta baía e á beira mesmo da beira é onde se mecen as ondas marcianas.
...
11 de marzo de 2016
Aristóteles
[A cidade]... xurdiu por causa das necesidades da vida, pero existe agora para vivir ben.
Aristóteles
10 de marzo de 2016
9 de marzo de 2016
O Paleolítico: naturalismo e maxia
Entre fins do último período interglaciar (hai aproximadamente uns 120.000 anos) e os inicios da glaciación Würm (hai uns 85.000 anos) o clima en Europa pasou a ser menos rigoroso. Na área occidental de Eurasia tivo lugar un gran incremento da poboación humana, representada polo Homo sapiens neanderthalensis. Empezou a desenvolverse a vida doméstica e aplicáronse novas tecnoloxías para a fabricación de útiles líticos. Manifestáronse, así mesmo, as primeiras crenzas relixiosas. A caza foi o principal medio de subsistencia do home, feito que foi corroborado pola infinidade de restos óseos de fauna que se acharon no curso das escavacións paleolíticas.Os ritos funerarios apareceron durante o Paleolítico medio. O home de Neanderthal foi o primeiro que enterrou aos seus mortos en auténticas sepulturas, aínda que estas eran aínda extremadamente sinxelas e carecían de axuar funerario. As sepulturas realizábanse, con preferencia, en fosas e os individuos enterrábanse en posición fetal, posiblemente para garantir o retorno ao seo da nai Terra.
A arte naceu hai uns 30.000 anos, na fase final do Paleolítico. O seu autor foi o home de Cro-Magnon, un individuo parecido ao home actual, que enterraba aos seus mortos xunto a ofrendas rituais. É obvio que cría na vida despois da morte. O desenvolvemento da produción artística forma parte, por tanto, do conxunto das manifestacións espirituais e metafísicas, por exemplo o xa mencionado culto aos mortos, que distingue, sen dúbida, ao home dos animais.
Unha das primeiras manifestacións artísticas do home, tanto no continente europeo como no americano, foron as representacións de mans nas paredes das covas. Trátase de simples contornos ou sinais («mans pintadas»), pero que, probablemente, puxeron de manifesto por primeira vez o concepto da forma e achegaron a idea de que unha cousa ficticia pode ser igual a unha real.
As primeiras auténticas representacións artísticas foron figuras de animais gravadas, repetidamente, sobre fragmentos óseos. A primeira arte monumental apareceu na cova de Lascaux, en Montignac (Dordoña, Francia). Este conxunto pictórico comprende cervos, bisontes, cabalos, felinos, etcétera. Tamén son moi importantes as pinturas da cova de Altamira, en Cantabria (España).
No Paleolítico a sociedade compúñase de cazadores que vivían aisladamente e cunha débil cohesión social. Practicaban, ademais, unha economía de subsistencia, é dicir, non producían o alimento que consumían. A existencia viraba, por tanto, ao redor da obtención de alimentos. Este feito fai supor que a arte debía ter tamén unha función esencialmente práctica.
As representacións pintadas de animais nas covas aparecen en lugares dificilmente accesibles e escondidas no interior das devanditas cavidades. Débese, pois, excluír a posibilidade de que estas manifestacións artísticas tivesen unha finalidade puramente decorativa. Estas pinturas constitúen auténticas escenas de caza de carácter naturalístico e tiñan a finalidade máxica -polo feito de que se representou ao animal- de facilitar a captura da presa. É dicir, na realidade, o animal vivo habería ao mesmo tempo sufrido por efecto da «maxia simpática» a mesma ferida que o animal pintado.
Así mesmo, a frecuente reprodución das figuras femininas sensuais e de aspecto maternal, con enormes seos e ventres -as denominadas figuras esteatopíxicas, como a coñecida Venus de Willendorf- expresan un desexo profundo e obsesivo tanto de fertilidade como de protección cara á nai.
8 de marzo de 2016
Fragmento de "Unha árbore, un adeus" de Marina Mayoral
Vai haber treboada, non é normal esta calor neste tempo. E a cervexa está totalmente augada, tamén nisto hai que escoller: ou tomala coma o caldo ou augada. ¡Co sinxelo que sería metelas na neveira!
...
...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





