Miguel-Anxo Murado López naceu en Lugo o 2 de maio de 1965, escritor, periodista e guionista español.
FOGO AMIGO
Estabamos nunha cafetería de Zágreb, tomando unhas cervexas cando vimos entrar un grupo de soldados da ZNG con aspecto abatido. Un deles falaba inglés e convidounos a sentar con eles. Era un técnico informático que agora estaba na fronte en Novska. El e os seus compañeiros viñan de desertar do seu posto. Esa mañá, a propia artillería os bombardeara. Mataran dous dos seus.
—Vimnos protestar diante do Comando Xeral. Isto non pode seguir así. É un desastre.
Logo deu un grolo á súa augardente e máis tranquilo engadiu:
—¿Sabe como lle chaman os americanos a isto? Fogo amigo. Fogo amigo. Quen inventa o vocabulario das guerras polo menos ten sentido do humor.
...
2 de maio de 2015
1 de maio de 2015
30 de abril de 2015
Aforismos de Leonardo
186.- Algúns comentadores censuran aos antigos inventores de quen naceron as gramáticas e as ciencias, e proclámanse paladins contra os inventores de pasadas épocas; e porque non lograron ser inventores eles mesmos, por preguiza e porque xulgan máis cómodo recorrer aos libros, procuran constantemente criticar con falsos argumentos aos seus mestres.
29 de abril de 2015
Fragmento dun Conto Popular
Houbo unha vez un rei que era pai de tres meniños e fixo plantar na súa horta unha maceira que daba unhas mazás avermelladas que era moito o que sabían. Desde que as mazás valeron para comer non había día que o rei non fose contar as mazás e sempre faltaba unha. Cando non quedaban máis ca tres mazás na maceira, quixo saber quen era o que lle causaba a perda, mandou chamar ó seu fillo máis vello e díxolle:
—A ver, meu fillo, ti es o maior dos meus tres fillos e quero que me digas quen é o que me come as miñas mazás. Toma esta escopeta e vai gardar a maceira.
O máis vello dos tres fillos do rei púxose ó pé da maceira; mentres foi día non a perdeu de vista, pero, en canto anoiteceu, deulle o sono e descoidou a vixilancia.
Pola mañá, cando o rei foi contar as súas mazás, botou en falta outra das mazás da súa maceira e acusou do roubo ó seu fillo máis vello:
—¡Es ti o que me roubas as mazás! E mandou que o metesen na cadea sen máis probas que a súa sospeita.
...
E ti... como seguirías?
—A ver, meu fillo, ti es o maior dos meus tres fillos e quero que me digas quen é o que me come as miñas mazás. Toma esta escopeta e vai gardar a maceira.
O máis vello dos tres fillos do rei púxose ó pé da maceira; mentres foi día non a perdeu de vista, pero, en canto anoiteceu, deulle o sono e descoidou a vixilancia.
Pola mañá, cando o rei foi contar as súas mazás, botou en falta outra das mazás da súa maceira e acusou do roubo ó seu fillo máis vello:
—¡Es ti o que me roubas as mazás! E mandou que o metesen na cadea sen máis probas que a súa sospeita.
...
E ti... como seguirías?
28 de abril de 2015
A ILLA DOS OLLOS AZUIS
Nunha illa hai 100 habitantes. Todos eles teñen ou ben ollos azuis ou ben ollos marróns. Todos ven a cor dos outros, pero non a cor propia. Non poden falar do tema e non hai espellos. Iso si: unha lei establece que se alguén descobre que ten os ollos azuis, ha de abandonar a illa ás 8 da mañá seguintes. Todos os insulares teñen a mesma capacidade para razoar e todos son capaces de usar unha lóxica impecable.Un día, unha persoa chega de visita á illa e, mentres a mira a todos, di, sen sinalar a ninguén en concreto:
-Que bo é ver polo menos unha persoa con ollos azuis despois de tanto tempo de estar en alta mar!
Que consecuencias trouxo este comentario aos habitantes da illa?
DGM
27 de abril de 2015
26 de abril de 2015
JOÁN ROMEU [B 1612 / V 1145]
Loavan un día, en Lugo, Elvira
Pérez, a filha d'Elvira Padrõa;
todos dizían que era mui bõa
e non tenh'eu que dizían mentira,
ante tenho que dizían razón;
e Don Lopo Lías diss'i entón,
per bõa fe, que ja x'el melhor vira.
Ficou ja a dona mui ben andante,
ca a loaron quantos alí siían;
e todos dela muito ben dizían;
mais Lopo Lías estede constante:
como foi sempre un gran jogador,
disse que el vira outra vez melhor,
quand'era moça, en cas da Ifante.
Pérez, a filha d'Elvira Padrõa;
todos dizían que era mui bõa
e non tenh'eu que dizían mentira,
ante tenho que dizían razón;
e Don Lopo Lías diss'i entón,
per bõa fe, que ja x'el melhor vira.
Ficou ja a dona mui ben andante,
ca a loaron quantos alí siían;
e todos dela muito ben dizían;
mais Lopo Lías estede constante:
como foi sempre un gran jogador,
disse que el vira outra vez melhor,
quand'era moça, en cas da Ifante.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




