Qué nome recibe o can negro e grande que sae do mar nas noites escuras ouveando e que é un aviso de morte?
7 de decembro de 2010
6 de decembro de 2010
Día da Constitución
O Congreso dos Deputados celebrou hoxe luns o trixésimo segundo aniversario da aprobación en referendo da Constitución 1978 cun acto institucional ao que foron convidados todos os poderes do Estado e no que estiveron presentes todos os partidos con representación parlamentaria coa excepción de PNV, Esquerra Republicana (ERC), Iniciativa per Catalunya (ICV), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Nafarroa Bai.A Constitución ou carta magna (do latín cum, con, e statuere, establecer) é a norma fundamental, escrita ou non, dun Estado soberano, establecida ou aceptada para rexelo. A constitución fixa os límites e define as relacións entre os poderes do Estado (poderes que, nos países occidentais modernos, defínense como poder lexislativo, executivo e xudicial) e destes cos seus cidadáns, establecendo así as bases para o seu goberno e para a organización das institucións en que tales poderes se asintan. Este documento busca garantir ao pobo os seus dereitos e liberdades.
5 de decembro de 2010
Adiviña
mais o quixera,
que entre as pernas
non me coupera.
Libro recomendado:
Adiviñanceiro Popular Galego de José Luis Gárfer e Concha Fernández
(Edicións Xerais).
4 de decembro de 2010
20.000 leguas de viaxe baixo os mares (VII).
3. Como o señor guste.
Desde había dez anos, Conseil seguírame a todas partes onde me levase a ciencia. Xamais lle ouvin unha queixa ou un comentario sobre a duración ou a fatiga dunha viaxe, nin unha obxección a facer a súa maleta para un país calquera, xa fose a China ou o Congo, por remoto que fose. Púñase en camiño para un sitio ou outro sen facer a menor pregunta.
Tres segundos antes da recepción da carta de J. B. Hobson, estaba eu tan lonxe da idea de perseguir ao unicornio como a de buscar o paso do Noroeste. Tres segundos despois de ler a carta do honorable Secretario da Mariña, comprendera xa que a miña verdadeira vocación, o único fin da miña vida, era cazar a ese monstro inquietante e liberar del ao mundo.
Con todo, acababa de regresar dunha penosa viaxe e sentíame canso e ávido de repouso. A miña única aspiración era a de volver ao meu país, aos meus amigos e ao meu pequeno aloxamento do xardín de Plantas coas miñas queridas e preciosas coleccións. Pero nada puido reterme. Esquecino todo, fatigas, amigos, coleccións e aceptei sen máis reflexión a oferta do goberno americano.
«Ademais -pensei- todos os camiños levan a Europa e o unicornio será o bastante amable como para levarme cara ás costas de Francia. O digno animal deixarase atrapar nos mares de Europa, en aras da miña conveniencia persoal, e non quero deixar de levar polo menos medio metro da súa alabarda ao Museo de Historia Natural.»
Pero, mentres tanto, debía buscar ao narval polo norte do Pacífico, o que para regresar a Francia significaba tomar o camiño das antípodas.
- Conseil! -gritei, impaciente.
Conseil era o meu doméstico, un abnegado raparigo que me acompañaba en todas as miñas viaxes; un bo flamenco por quen sentía eu moito agarimo e ao que el correspondía sobradamente; un ser flemático por natureza, puntual por principio, cumpridor do seu deber por costume e pouco sensible ás sorpresas da vida. De gran habilidade manual, era moi apto para todo servizo. E a pesar do seu nome, xamais daba un consello, mesmo cando se lle pedía que o dese.
O rozamento continuo cos sabios do noso pequeno mundo do xardín de Plantas levara a Conseil a adquirir certos coñecementos. Tiña eu nel un especialista moi docto nas clasificacións da Historia Natural. Era capaz de percorrer cunha axilidade de acróbata toda a escala das ramificacións, dos grupos, das clases, das subclases, das ordes, das familias, dos xéneros, dos subxéneros, das especies e das variedades. Pero a súa ciencia limitábase a iso.
Clasificar, tal era o sentido da súa vida, e o seu saber detíñase aí. Moi versado na teoría da clasificación, estábao moi pouco na práctica, até o punto de que non era capaz de distinguir, así o creo, un cachalote dunha balea. E con todo, cuán digno e bo raparigo era!Desde había dez anos, Conseil seguírame a todas partes onde me levase a ciencia. Xamais lle ouvin unha queixa ou un comentario sobre a duración ou a fatiga dunha viaxe, nin unha obxección a facer a súa maleta para un país calquera, xa fose a China ou o Congo, por remoto que fose. Púñase en camiño para un sitio ou outro sen facer a menor pregunta.
3 de decembro de 2010
2 de decembro de 2010
A bandeira Galega
A nosa bandeira non foi sempre como hoxe a contemplamos. Os galegos do pasado xuntáronse, ao pé doutro símbolo aparentemente distinto do actual pero que no fondo significaba o mesmo. Nas súas orixes, a bandeira galega foi branca ou vermella, indistintamente, cun escudo no centro.
Andando o tempo, a vermella foi converténdose nos distintos pendóns que representan aos concellos. A color branca tivo máis fortuna, como habemos ir vendo.
Era o ano 1809. Galicia e España enteira estaba en guerra cos franceses. Un grupo de mozos da Universidade de Santiago decidiu intervir tamén na loita co nome de Batallón Literario. Decididos a combater en terras galegas ao invasor francés, querían ter presente a Galicia dunha maneira ben visible e clara – ante eles mesmos e ante os ocupadores - de tal modo que os franceses se decatasen de que estaban en loita cos galegos.
Branca foi tamén sen dúbida a bandeira que no ano 1846 se alzou desde Galicia contra a opresión do goberno centralista e en favor da dignidade dos galegos. Semella verdadeiro milagre que a enseña daquel colectivo de civís e militares sublevados non quedase tinguida co sangue dos brutais fusilamentos, pois os valentes galegos que á sazón se levantaron só polo ben da terra tiveron final tráxico na vila coruñesa de Carral.
Para o recordo érguese alí en testemuña desa data o Monumento aos Mártires.
¿Cal foi a causa de que a bandeira branca se impregnase da cor azul do ceo? Non se sabe con certeza de onde procede a franxa celeste que exhibe a nosa enseña. Quizais que sexa evocación do mar, do ronsel sobre o océano da grande travesía emigratoria. Ou mais probablemente da bandeira da Comandancia de Mariña da Coruña, chegada un día ás mans dos emigrados e asumida por eles coa galega. E quizais tamén como influencia do azul presente en distintas bandeiras dos países de América cos que estaban en contacto. Sen que debamos descartar tampouco, en fin, certos motivos e matices azulados que figuraban e figuran nalgúns pendóns galegos.
Cando en 1908 morre na Habana Manuel Curros Enríquez, xa a enseña azul e branca tremeceu no vento desde os centros galegos e incluso non galegos. Despois, acompañou ó egrexio finado a través do mar na súa volta definitiva á Terra, para arroupalo no campo santo coruñés de San Amaro.
A nosa bandeira quedaba, pois, fixada tal como a vemos hoxe. Así a levantarán as Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Partido Galeguista.

1 de decembro de 2010
Empezou o mes do Nadal
Empezou o Nadal
A época en que Palaestra organiza dende hai moitos anos as súas "Xornadas Lúdicas".
O Nadal é unha das festas máis antigas da humanidade. Era en realidade a festa do sol, o solsticio de inverno (21-22 de decembro), cando os días comezan a medrar e a recuperar terreo con respecto á noite. Estaba tamén moi relacionada co lume e a súa simboloxía. Pero isto acontecía en case tódalas culturas do mundo, non só na cristiá. No século IV o cristianismo adoptou a data do 25 de decembro para conmemorar o nacemento de Xesús Cristo aproveitando esas celebracións pagás.
Permanece atento ás páxinas e correo de Palaestra porque non tardaremos en publicar o calendario das Xornadas Lúdicas.
Adiviñas e outros
Xogos
Participa e entra nos sorteos dos agasallos mensuais e no regalo final dun lector de libros electrónicos.
A época en que Palaestra organiza dende hai moitos anos as súas "Xornadas Lúdicas".
O Nadal é unha das festas máis antigas da humanidade. Era en realidade a festa do sol, o solsticio de inverno (21-22 de decembro), cando os días comezan a medrar e a recuperar terreo con respecto á noite. Estaba tamén moi relacionada co lume e a súa simboloxía. Pero isto acontecía en case tódalas culturas do mundo, non só na cristiá. No século IV o cristianismo adoptou a data do 25 de decembro para conmemorar o nacemento de Xesús Cristo aproveitando esas celebracións pagás.
Permanece atento ás páxinas e correo de Palaestra porque non tardaremos en publicar o calendario das Xornadas Lúdicas.E como xa é día 1, lembramos que tes neste blog moitos temas en que participar, respostando a preguntas formuladas nos diferentes apartados.
Adiviñas e outros
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)