8 de outubro de 2024

Frank Herbert naceu o 8 de Outubro de 1920

Frank Herbert naceu o 8 de Outubro de 1920 en Tacoma, Washington, e estudou na Universidade de Washington, en Seattle. Traballou nunha ampla variedade de empregos -incluíndo operador de cámaras en TV, comentador radial, buscador de perlas, instrutor de supervivencia, profesor de escritura creativa, reporteiro e editor de varios xornais- antes de converterse en escritor a tempo completo. En 1952, comezou a publicar ciencia ficción con "Looking for something" na revista "Startling Stories", pero o seu verdadeiro xurdimento como escritor de maior envergadura non sucedeu ata 1965, coa publicación de Dune. Completando daquela unha saga que o "Chicago Tribune" chamaría "un dos monumentos da moderna ciencia ficción". Foi tambien autor de preto doutro vinte libros, incluíndo "The Jesus Incident" ; "The Dosadi Experiment"; e "Destination : Void". Frank Herbert faleceu o 11 de Febreiro de 1986 en Madison, Wisconsin.

FILLOS DE DUNE

Velaquí a crónica dun novo paso na evolución dun planeta e da raza humana. O planeta é Arrakis, coñecido tamén como Dune, lugar de proba dos indómitos Fremen, o pobo libre do deserto, e tamén berce da melange, a especia xeriátrica cuxo comercio domina todo o imperio. A raza humana áchase representada tan só por un neno de nove anos, que con todo non é únicámente un neno de nove anos, xa que a experiencia de miles de vidas aniña no seu interior. É Leto Atreides, o fillo de Paul Atreides, Muad'Dib, o Mahdi de todos os Fremen, o mesías dunha relixión que arrasou o universo, o home que se penetrou no deserto para salvar á humanidade. Leto Atreides e a súa irmá xemelga Ghanima saben que tras a morte do seu pai son a última esperanza de transformación e supervivencia do planeta. Pero, está realmente morto Paul Atreides? E se está realmente morto, quen é ese predicador cego que, procedente do deserto, fala coa boca de Muad'Dib para acusar con terribles palabras á sufocante burocracia que converteu a súa relixión nunha nova forma de escravitude?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.