9 de novembro de 2023
Aforismos de Leonardo
574.- As figuras do primeiro plano terán cubertos de po os cabelos, as cellas e outras partes lisas aptas para retelo. Os vencedores darán ao vento as súas cabeleiras e as cousas flotantes da súa vestimenta; engurrando o ceño, farán avanzar os membros contrarios, é dicir, que se lanzan cara a adiante o pé dereito, o brazo esquerdo moverase tamén cara a adiante. Se queres figurar como escorrega e cae un combatente, farás ver ao redor del, a terra semilíquida e as pegadas impresas pola pasaxe dos homes e cabalos sobre o chan convertido nun sanguento charco.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.