Tempo atrás o edificio estaba habitado por familias de posición acomodada. Despois, un tras outro, os departamentos foron alugados a axentes de Bolsa, a empresas financeiras, a despachantes de aduana. Pero Henriette e Leopoldina Von Wels non quixeron mudarse. Á noite elas e Hildstrut, a vella criada húngara, eran as únicas almas viventes dentro do edificio, porque tamén Wilson, o porteiro, íase a durmir á súa casa en Montserrat. Non tiñan medo de quedar soas e, se imos ver, gustáballes. Durante o día hai un discreto movemento de xente e non poucos ruídos. Pero a partir das nove da noite o edificio queda sepulto no silencio e na escuridade dunha mina abandonada. Só no sétimo piso hai luz e, a miúdo, unha música tenue. Se algún inquilino permanecese na súa oficina a esas horas, diría: "son as dúas estranxeiras".
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.