23 de agosto de 2022

Xadrez no parque de Santa Margarida

O vindeiro domingo 28 de agosto teremos unha tarde de xadrez no parque de Santa Margarida, en colaboración co Concello da Coruña.

Será unha actividade de promoción do xadrez e un pequeno torneo amigable.

O horario será de 17,00 a 19,30. O pequeno torneo será de 18,30 a 19,30. Daremos trofeo aos tres primeiros clasificados.

Terá lugar nos soportais Casa das Ciencias, onde tamén haberá unha actividade de promoción da astronomía.
 
A actividade é de balde e coincide coa Romaría de Santa Margarita.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.