5 de agosto de 2022

ANDROMEDA

Filla do rei de Etiopía.

Poseidón castiga ao país coa aparición dun monstro mariño.

Andrómeda é encadeada e exposta a este perigo pero afortunadamente aparece o heroe Perseo, que promete liberala para logo casar con ela.

Perseo, á súa vez, válese da cabeza de Medusa para petrificar aos seus inimigos. Cando morre Andrómeda é catasterizada (convertida en estrela) na constelación que leva o seu nome. Por outra banda, algúns autores quixeron ver neste mito a orixe da lenda de San Xurxo e o dragón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.