8 de agosto de 2022

Vocabulario médico galego

xofre 





s.m. Elemento químico non metálico de símbolo S e peso atómico 32,064 que se emprega como laxante e diaforético, e tamén no tratamento das enfermidades da pel, do aparello respiratorio, hemorroides, estrinximento habitual, etc. // Bióxido de x. Gas corrosivo, tamén chamado erroneamente anhídrido sulfuroso, que se emprega como desinfectante. A súa inhalación produce bronquite. // Hidruro de x. Hidróxeno sulfurado con forte cheiro a ovos podres. / X. precipitado O que se obtén por precipitación dunha solución de pentasulfuro e tiosulfato de calcio, que se usa omo escabicida. / X. sublimado Po de xofre que se obtén por sublimación dos vapores de xofre, e que se emprega como escabicida e antiparasitario. / X. vexetal Licopodio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.