9 de febreiro de 2022

Kubrick

No 1968 a revista Playboy realizou unha entrevista a Kubrick, quen entón tiña 40 anos, aproveitando o furor e a controversia que a estrea da súa recente película 2001: Odisea no espazo desatara. Kubrick despachouse cunha estupenda reflexión sobre a existencia e o seu sentido.
 
Playboy: Se a vida carece de propósito, sentes que vale a pena vivir?

Kubrick: Si, para aqueles que dalgunha forma argallan o xeito de facer fronte á nosa mortalidade. A mesma falta de sentido da vida forza ao ser humano a crear o seu propio sentido. Os nenos, por suposto, comezan a vida cunha capacidade de asombro pura, poden experimentar total alegría con cousas sinxelas como o verdor dunha folla; pero ao crecer vanse dando conta do inevitable da morte e o seu envellecemento comeza a afectar esa consciencia e súbitamente erradica a súa alegría por vivir, o seu idealismo e a asunción da súa propia inmortalidade.

Cando un neno madura, mira morte e dor o seu redor e comeza a perder a fe, a maior bondade no humano. Pero se é razoablemente forte, e afortunado, pode emerxer deste tropezón da alma e renacer con novo impulso vital.

Grazas e a pesar de ser consciente do sinsentido da vida, pode construír un renovado sentido afirmativo do seu propósito. Talvez nunca poderá reapropiarse daquel sentido puro do asombro, pero pode moldear algo moito máis permanente e substancial.

O feito mais aterrorizante do universo non é que poida ser hostil senón que é indiferente; pero se podemos confrontar esa indiferenza e aceptar os retos da vida dentro dos límites da morte -sen importar que tan flexibles poidamos convertelos- a nosa existencia como especie pode atopar un xenuíno sentido e realización. Sen importar que tan basta poida ser a escuridade, debemos proxectar nosa propia luz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.