
Rei de Micenas e xefe supremo da expedición grega, denominada tamén como aquea, que foi combater a Troia.
Era o irmán de Menelao, o marido de Helena, a que foi responsable última da guerra mencionada.
Cando Agamenón regresou a Micenas despois de dez anos de ausencia morreu asasinado pola súa esposa Clitemnestra.
O fillo de ambos, Orestes tivo que cargar coa obrigación moral de vingar a morte do seu pai, acto que executa coa axuda da súa irmá Electra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.