13 de maio de 2020

Novela semanal. Decimonovena entrega.

Os dous individuos cruzan o limiar da porta situándose no medio do despacho. Séntense, por favor, indica Duchamps sinalando dúas cadeiras ao tempo que pecha a porta. Díganme, que desexan saber de min? Pregunta rodeando a mesa para sentarse fronte aos investigadores. Un deles aclara a gorxa e comeza a falar. Como lle comentabamos, estamos aquí para tratar sobre a morte do Comisario Delaville. Polo que parece estivo vostede onte na comisaría, poucos minutos antes do tiroteo que aconteceu alí. Queríamos saber o que falou co comisario. Bueno, contesta o detective, o comisario e mais eu estabamos detrás duns casos que estaban relacionados entre eles por unha simple tarxeta coas letras PR. Eu mesmo estiven presente cando asasinaron a outra persoa na mansión do actor. Si, ese asunto xa o sabemos porque o goberno central ten acceso á información dos casos pero nós preguntámoslle acerca do que falou na comisaría, contesta impaciente o outro home. Non se preocupen señores, temos moito tempo para falar, di Duchamps un pouco confuso. Desexan algo de beber? Pregunta, aínda que el xa se levantou para ir ao moble e sacar unha botella de whisky que tiña gardada para momentos de soidade. Contestan que non así que colle un só vaso. Volve sentarse e sirve un pouco de whiskey para tomar un grolo pequeno. Ring ring. Sona o seu teléfono. Duchamps mira para el e despois para os investigadores. Colle o teléfono para contestar a chamada. Duchamps! Escóitaselle a unha voz berrar. Non te fíes deses homes!

Continuará...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.