FALECE O PADRE CALO
A Real Academia Galega de Belas Artes quere dalgún xeito expresar o seu mais fondo pesar polo pasamento, hoxe día 10 de maio, dun dos membros máis activos e sobranceiros desta centenaria corporación, o Reverendo Padre D. José López Calo, a quen se honrou ademáis de numerario, como Académico de Honra.
O Padre Calo, como era coñecido entre os seus alumnos, amigos e compañeiros, na longa historia da música galega e mesmo española é un dos seus máis e mellores musicólogos,recoñecido internacionalmente, estudoso dos fondos musicais catedralicios, defensor das músicas tradicionais e dentro delas da música coral, entre as que Galicia ofrece unha inmellorable e variada mostra.
Mais info
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.