Duchamps está
sorprendido pola chamada pero fai o posible para que non o noten os visitantes.
De acordo, contesta, pero quero que me devolvan os cartos! Que dis? Pregunta a
voz do teléfono. Ah, vale, entendo. Cando marchen vai ao café Moulin d’Or,
canto antes. O detective colga o teléfono. Un dos investigadores toma a
palabra. Quen era o que chamaba? A chamada? Era da pizzería para avisarme de
que non me poderían entregar a pizza de ananás. Dálle unha arcada ao
investigador. O seu compañeiro non queda moi convencido pola explicación. Unha
pizza? Pide unha pizza despois do que ocorreu onte? Bueno, que problema hai?
Cando o bandullo chama hai que responder. Duchamps nota a man do investigador
que se vai movendo cara a un dos petos da súa chaqueta. Antes de darlle a oportunidade,
o detective saca a súa pistola do caixón da súa mesa e apunta aos investigadores.
Levantan as mans ao ceo cos ollos fixados no canón da pistola como se estivesen
hipnotizados. Se non lles importa, serei eu o que faga as preguntas a partir de
agora. Para quen traballan? Xa llo dixemos, somos do Corpo de Investigación Central.
Pregunta Duchamps á vez que estira o brazo para sacar unha pistola con
silenciador no peto interno do investigador. Fai o mesmo co outro pero este non
ten nada. Por que lles mandaron vir aquí a matarme? O único que nos dixeron era
que vostede era perigoso e que había que detelo no caso de que fose posible.
Duchamps non queda moi convencido. Por favor, voulles ter que pedir que abandonen
o meu despacho, di finalmente o detective.
Mándalles
levantarse e saír pola porta. Despois da pechar con chave saen á rúa. Duchamps queda
parado un momento. Está tentando lembrar onde deixou aparcado o coche. Ten
tantas cousas na cabeza que se lle escapan cousas. Por aquí, di Duchamps. Os
dous investigadores avanzan seguido as súas indicacións. Dous minutos despois
están xunto ao Peugeot. Pasen por aquí, di sinalando o calello escuro.
Avanzan ata chegar a un contedor e o detective mándalles poñerse contra a
parede. Por favor, non nos mate, suplica o dos homes. Sen facerlle caso,
Duchamps asesta un culatazo a cada un, que nos deixa inconscientes no chan. Con
moito esforzo, consigue levantalos e tiralos ao contedor. Baixa a tapa e volve
ao coche.
Continuará...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.