9 de novembro de 2019

Inicio de O Pequeno Robot

O Pequeno Robot
Barrington J. Bayley

Pode coñecerse o futuro? Por moito tempo a resposta foi: non, non se pode coñecer o futuro. O comportamento do mundo real está gobernado por «converxencias caóticas» e estas nunca poden ser calculadas, excepto en casos restrinxidos ou baixo condicións artificiais.

Entón, como con tantas «imposibilidades», levantadas no nome de ciencia, logrouse o imposible? Novos procedementos matemáticos, engranados cun rápido e case ilimitado procesamiento de datos, conduciu a un tipo de máquina capaz de predicir o comportamento futuro do mundo case instantaneamente.

O futuro puido coñecerse.

O «entendemento», por suposto, non é unha propiedade das máquinas estáticas. Para «entender», unha máquina debe parecerse a un home na súa habilidade para darse conta dun ambiente físico e, en base a iso, actuar recíprocamente con el. Ademais, debe estar socializado. Por sorte, a computadora para determinar converxencias caóticas ocupaba un espazo pequeno e, grazas a iso, foi posta no cerebro dun robot.

O robot mesmo non era moi grande: lixeiramente inferior a cinco pés de alto. A caparazón do seu corpo era de follas de aluminio. O seu trazos faciais eran funcionais e algo chairos, pero moldeados en semellanza a un ser humano, no canto da maneira da maioría dos robots.

O pequeno robot mantíñase fresco. O cerebro omnisciente producía moita calor para refugar, por tanto necesitaba refrixerarse. Un extractor de aire, cunha hélice a un catro polgadas sobre a cabeza do robot, sopraba lonxe a calor expelido.

Cando activaron o robot, había tres persoas presentes: o matemático que resolvera como facer unha computadora capaz de manexar converxencias caóticas; o deseñador do cerebro omnisciente; e o deseñador do corpo do robot.

O pequeno robot abriu os seus ollos, por dicilo así; é dicir, abriu canles aos seus sentidos e levou a información adquirida á súa socialización pre-aprendida.

A entidade do novo robot examinou brevemente o seu medioambiente. Sorriu, pois posuía tal habilidade. Namentres, o seu tres creadores rodeárono con ansiedade. Que diría? Que debían preguntarlle? Tería revelacións sorprendentes que facer?

-Salgamos a camiñar -suxeriu educadamente o pequeno robot.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario