Fútbol e Ciencia, Roberto Fontanarrosa
Até sempre, señor árbitro!
Os 73.000 espectadores que concorreron o 15 de xaneiro de 1988 ao Duisburg Stadium de Oberhausen non puideron deixar de apreciar que entre os protagonistas do espectáculo había significativas ausencias.
E non se trataba, por certo, de que o Ruhr 214 non alistase entre as súas filas a Hans "Caperucita" Gfrörer, ou ben que entre os fervorosos "barqueiros" do Postfach non estivese Fritz, "O talabarteiro" Kiepenheuer. De xeito sinxelo, o que brillaba pola súa ausencia aquela tarde no Duisburg Stadium era o público, dado que, a "Effektivaterien Ballönem Helveticen" anunciara o match como unha proba piloto dun novo sistema de "referato a distancia". Efectivamente, a escasos cen metros do coqueto estadio de Oberhausen, os concorrentes podían advertir unha misteriosa construción de cemento, de forma tubular, que alcanzaba a respectable altura de 75 metros.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.