19 de setembro de 2019

Aforismos de Leonardo

369.- Para concluír, a poesía ocupa o grao máis alto de comprensión para os cegos; e a pintura, para os xordos. Diremos, pois, que a pintura é superior á poesía por canto apela a un sentido mellor e máis nobre; e esta nobreza xa probamos que é tres veces maior que a de cada un do tres sentidos do oído, do olfacto e do tacto, mostrando que, de ter que elixir, prefeririamos perder juntamente o oído, o olfacto e o tacto, antes que a vista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario