360.- Contan que o día do natalicio do rei Matías, certo poeta ofreceulle unha obra súa que celebraba a data memorable en que, para ben do mundo, nacera o ilustre monarca; e agrega a tradición que un retrato da súa amada foille presentado no mesmo acto por un artista que o pintou con tal fin. O rei, apenas tivo nas súas mans a pintura, sen facer máis caso do libro, fixou nela os seus ollos con gran admiración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.