20 de xuño de 2019

Aforismos de Leonardo

357.- Di o poeta que el sabe describir (alegoricamente) cousas que representan a outras cheas de fermosos pensamentos. E o pintor dirá á súa vez que el pode, ao seu arbitrio, facer o mesmo; co cal demostra que, tamén nisto, el é poeta. Se o poeta afirma ser capaz de acender nos homes o amor, que é cousa principal en todas as especies animais, o pintor poderá facer o mesmo, mostrando ao amante a propia efixie do obxecto amado, a que é frecuentemente de tan exacto parecido, que induce a bicala e falarlle: cousa imposible de facer coas belezas que describe o poeta. E aínda chega a tanto o dominio da súa arte sobre o espírito humano que o tenta a namorarse de pinturas que non representan a ningunha muller real.

Ningún comentario:

Publicar un comentario