11 de xuño de 2019

HISTORIA DA ARTE

As denominadas «estatuas-cubo»

Durante este período prodigarase unha nova tipoloxía chamada «estatua-cubo» pola súa similitude formal con esta estrutura xeométrica. Este tipo escultórico representa unha figura sentada cos xeonllos levantados e cuberta totalmente por un manto, do que sobresaen tan só a cabeza, as mans e os pés. A cabeza é a única parte do corpo realmente tallada con detalle, pois mans e pés quedan subsumidos, na maioría dos casos, no bloque de pedra.

A postura, que permite sintetizar o corpo nun simple cubo, ofrece unha gran superficie destinada ao soporte de escritura. Este tipo de esculturas estaban destinadas aos templos, con autorización real para ser depositadas nos claustros e salas hipóstilas como adoración perpetua aos deuses. Tal é o caso da estatua de Sennefer, compañeiro de armas de Tuthmosis III, realizada en granito gris e que se conserva no Museo Británico de Londres. O perfecto pulido da superficie resalta o gravado xeroglífico, que cobre o pedestal e o manto; nel constan os cargos civís e militares que ostenta o representado. Outro tipo de «estatua-cubo» incorpora un neno en brazos, como a representación de Senenmut, arquitecto e favorito da raíña Hatshepsut.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.