16 de maio de 2019

A cambra

Inicio da cambra
por Gao Xingjian

 A partir dun accidente relativamente común -un nadador que sofre unha cambra- Gao Xingjian refire coa súa pulcritude e concreción características, a pequena gran aventura de nadar un quilómetro para salvar a vida. O Nobel chinés sérvese así deste feito para desenvolver o seu fluxo de linguaxe, procedemento literario que verá a súa mellor expresión na montaña da alma.

 
Unha cambra, unha cambra comezaba a contraerlle o ventre. Por suposto, cría poder nadar máis lonxe, pero, a un quilómetro da beira, comezara a resentilo. Ao principio, creu ter simplemente unha dor no ventre e díxose que desaparecería se continuaba movéndose. Pero o seu abdome tensábase máis e máis e freou o avance.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.