7 de xullo de 2018

Crónicas de Prydain

As crónicas de Prydain son un conxunto de cinco libros escritos para un público xuvenil por Lloyd Alexander. Efectuando a investigación histórica para Time Cat, Alexander descubriu o Mabinogion, unha colección dos mitos e das lendas de Gales e decidiu inventar a súa propia mitoloxía. As Crónicas están relacionadas co mito artúrico pero suceden nun País de Gales mitolóxico que precede ao devandito ciclo. Aínda que a inspiración para a terra de Prydain vén do País de Gales, Lloyd Alexander di que "esencialmente Prydain é un país que existe soamente na imaxinación".

Os libros son:

O libro do Tres
Taran, un mozo novo cuxo traballo consiste en axudar a Coll, o coidador de Hen-Wen, un portaoráculo, debe loitar con Arawn, o malvado Señor de Annuvin. Taran fai amigos que lle acompañarán nas súas aventuras posteriores. O máis sorprendente é Gurgi, un estraño personaxe, de brazos longos, fracos e lanudos, que se converterá no seu inseparable compañeiro, e que ten un característico modo de expresarse, sempre queixándose: "Oh, cousas malignas e perversas asexan ao pobre e inofensivo Gurgi! Oh bo amo, salva a pobre e tenra cabeza de Gurgi de danos e perigos!

O Caldeiro Máxico
Taran segue combatendo contra o rei Arawn e os seus guerreiros inmortais, que pretende dominar a terra de Prydain, e tenta arrebatarlles o caldeiro máxico, fonte da fortaleza do Señor da morte. Ademais, tres bruxas pretenden converter a Taran nun sapo.

O Castelo de Llyr
Relata o choque entre a pincesa Einlonwy, enviada á illa de Mona para recibir unha educación apropiada ao seu rango, e a malvada feiticeira Achren. É decisiva unha pequena esfera cuxo segredo consiste en que loce só en mans daqueles que pensan máis nos demais que en si mesmos; e loce con máis intensidade que nunca cando o seu posuidor está disposto ao maior sacrificio posible. O bardo Flewddur, ao darse conta, exclama: "En canto descobres iso descubriches un gran segredo, certamente, con ou sen o xoguete".

Taran o Vagabundo
Taran decide emprender unha viaxe para descubrir a súa orixe: pensa que, se logra demostrar a súa orixe nobre, poderá casar con Einlonwy. Coñece a Craddor, o pastor, un home traballador e honrado que, con todo, ao final da súa vida recoñece que "a media verdade é aínda peor que a mentira".

O Gran Rei
Ao comezo do Gran Rei, Taran lembra que, despois dos seus correrías anteriores, atopou máis do que buscaba, aínda que non fose o que tiña a esperanza de atopar. Declara que xa aprendeu " que a vida dun home vale máis que a gloria e que un prezo pago en sangue sempre é un prezo doloroso e demasiado caro". Xunto cos seus amigos, deberá enfrontarse unha vez máis a con Arawn. E resolveranse os enigmas pendentes nos primeiros libros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.