23 de xullo de 2018

Ortografía

Ortografía
Os signos de puntuación
A coma indica unha pausa breve, dentro dunha oración.
Úsase a coma
1. Para separar os elementos dunha enumeración (agás os que van unidos por conxuncións:
e, ou…)
O barco trouxo hoxe fanecas, xurelos, sardiñas, douradas e robalizas.
2. Para introducir aclaracións ou incisos nunha oración.
Xoán, o irmán de Cristina, volveu onte da súa viaxe.
3. Cando invertemos a orde lóxica nunha oración.
Aos trece anos, meu avó marchou para a Arxentina.
4. Para indicar que nunha oración se omitiu ou suprimiu un verbo.
Eu teño vinte e dous anos; Mónica, dezanove.
5. Para separar do resto da oración o nome da persoa á que nos diriximos (vocativo).
Pénsao ben, Carme, que é unha decisión moi difícil.
6. Para separar lugar de data (nas cabeceiras das cartas) ou números enteiros de
decimais.
A Coruña, 28 de decembro de 2005
Custa 3,25 euros.
7. En ocasións, para marcar unha pausa antes (e, ás veces, despois) dalgunhas conxuncións
como pero, mais, non obstante, aínda así, polo tanto, daquela, porque,
aínda que...
Xa aforrei doce euros, aínda así, non teño suficiente para mercar ese DVD.
Nunca se usa coma
Separando suxeito e predicado
Incorrecto: *Os alumnos, fan o exame.
Correcto: Os alumnos fan o exame.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.