![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjtCc25oXXhwjlRtAiwipjB_GfZ-VGOIYFb-XBIFb3JYQ74bZofC-VyZ-0U1jIOU76bSWCFoDaWqvXj-LW1ZhfsgvBP7aSWrFARmih3Yp5ez8D2FTzyLs78VaI2qwEAnrfSlsKG1G3KBqBV/s320/01.jpg)
A sede coruñesa do
MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, está situada no edificio Prisma de Cristal . Este emblemático edificio, un cubo de vidro deseñado polos arquitectos Vitoria Acivro e Anxo Alonso, foi galardoado entre outros co Premio Nacional de Arquitectura Nova do 9ª Bienal de Arquitectura Española. O edificio foi construído pola Deputación Provincial e cedido para o seu uso como Museo Nacional.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjKcWzLJgTk155T6ZZfjnZtSZrrw-9OneZsAdvL1eUKPfgbuiXcrApqOjCOeMlO0cvqyLeLyIHvjQQweogI8iAWuH7MOxoFP7ZoryYfjOXvDjLc1zzyW8LmvjBMeuYrQ5t3cF-f1DpUOebd/s320/12.jpg)
O museo depende da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Ten outra sede en Alcobendas.
No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende New York.
O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 se ben non abriu ao público ata o mes de xuño.
Mais fotos
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.