Por que estala na primavera de 1467 a insurrección galega da xente común? Os de abaixo, din eles mesmos, "non podían resistir" os agravios e as violencias e os tributos dos señores das fortalezas; os de arriba, con evidencia, non podían seguir gobernando da mesma maneira que no pasado.
Hai que dicir que a anarquía nobiliar é anterior ao levantamento xeral dos vasallos contra os seus señores. Resulta incuestionable a incapacidade histórica da nobreza galega, a finais da Idade Media, para gobernar o reino e exercer o seu dominio social sen unha violencia física desmesurada, respectando costumes e leis, isto é, conservando o respecto dos seus vasallos, o apoio da Igrexa, e, sobre todo, a unidade da clase señorial galega e o amparo da monarquía castelá. A revolución irmandiña é a consecuencia do fracaso irreversible dunha clase dirixente.
Carlos Barros
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.