Marchando outra poesía da miña xuventude no Eusebio. Espero que vos guste. Probablemente publicada en Alén da Chuvia, pero quen sabe.
3. BAÍA DO OLVIDO
Néboa,
branca e fría
néboa,
abrazada á baía
néboa,
que todo o cubría
Siluetas
de barcos
sen
forzas para máis asaltos
cascaróns
semiafundidos
de
alma podre
entre
a néboa, cruelmente arroxados
entre
a néboa, en melancolía embebidos
Néboa
nos corazóns marinos
tras
a loita contra invencibles elementos
finalmente
encallados
na
Baía do Olvido
Esqueletos
desastrados
varados
á luz da Lúa
polos
homes abandonados
polas
eternas mareas recollidos
por
ondas coroadas de branca
escuma
aloumiñados,
vellos
madeiros de entre as brumas
do
Tempo rescatados
Días
de gloria lonxanos quedaron
sete
foron os mares surcados
innumerables
foron as tormentas
incontables
as grandes viaxes
Krakens
e Leviatáns
illas
e salvaxes
praceres
e horrores
unha
amada en cada porto
e
unha canción nos beizos,
cando
o final era un onírico pasaxe
e
a vida camiñaba sobre os mortos
Máis,
ai, o Tempo non espera
cumprida
a hora,
sentencia
longo tempo escrita
a
súa execución inexorable agarda
Só
vagos recordos permanecen
estremecidos
ó alento mortal
de
Kronos, paternidade maldita,
sempre
voraz,
entre
a néboa, durminte
entre
a néboa, expectante
por Jorge Núñez Rodríguez, a trinta de abril de 2017
Siempre fue mi preferida..."Siluetas de barcos
ResponderEliminarsen forzas para máis asaltos"
Siluetas de barcos
ResponderEliminarsen forzas para máis asaltos. Siempre fue mi preferida