Vive na casa con seu pai e os seus irmáns, maís a relación con todós eles, sobre todo co pai, é escasa. Andrés non sae pois da súa peza moi de cotío. Sálvanse do seu desprezo unha irmá moi traballadora e dedicada e un irmánciño pequeno o que lle ten moito agarimo. Mais éste é de morna saúde e un día enferma de gravidade. Andrés convén deste xeito en levalo a unha terra de máis calor, Valencia, onde vivirá na casa duns tíos seus. Pasará unha tempada alí o seu carón, e voltará para Madrid termiñar a carreira unha vez que a saúde do seu irmán mellore. Namentres seguirán sendo constantes as charlas co seu filosófico tío na capital.
Unha vez licenciado Andrés vaise de prácticas a un afastado pobo e alí dase de conta das inxustizas do médico titular, a súa soberbia e fachenda sácao de couzón e relaciónanse a disputas. Ademáis a realidade do mundo aldeá, coas súas laceiras insalvables, desacougarán a súa alma nunha inicialmente tranquila estadía. Arranxa por tanto tornar a Madrid.
A volta entérase da morte do seu prezado irmán. Será o intre preciso dun intenso e extenso diálogo co seu tío, o final do cal sae coas conclusións necesarias para facerlle pedir man a aquela nimia rapaza de corpo pero tan singular de espírito, a cal lle pedirá tamén un fillo. Un ben querido fillo que non pasará duns meses, tempo que tampouco se outorgarán os pais de continuares vivindo, tras este penúltimo tráxico acontecemento.
F.D.M.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.