28 de outubro de 2011

Aires da Miña Terra - I

UNHA BODA EN EINIBÓ

—Cómo te chamas, rapaza?
—Chámome Ádega Silvan.
—Ay , Adega!... Entr' esas silvas
Quixéram' eu enredar...

Tal dixo á certa miniña
Certo diaño de rapaz
E dend' estonces antrambos
Querens' á non poder máis.

Todal-as noites d' inverno
N'as fiadas d'o lugar
Estan de groma e palique
Dend' enton Ádega e Bras;

E non hay festa n'aldea
Nin precision n'a cibdá,
Onde xuntos non s' atopen
Un galan y-outro galan.

Coñece mais sobre o autor e a súa fundación, na páxina desta última. Preme.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.