30 de setembro de 2020

Inicio de Annuchka

Rainer Maria Rilke - Annuchka

Aquel verán, a señora Blaha, esposa dun pequeno funcionario do ferrocarril de Turnan, Wenceslas Blaha, foi pasar algunhas semanas no seu pobo natal. Era un burgo asaz pobre e banal, situado na chaira pantanosa de Bohemia, na rexión de Nimburg. Cando a señora Blaha, que a pesar de todo sentíase aínda en certa medida citadina, volveu ver todas esas casiñas miserables, creyóse capaz dunha acción caritativa. Entrou en casa dunha campesiña que coñecía e sabía que tiña unha filla, para proporlle levar á rapariga á súa morada na cidade, e tomala ao seu servizo. Pagaríalle un modesto salario e, ademais, a rapariga gozaría da vantaxe de estar na cidade e de aprender alí moitas cousas. (A señora Blaha mesma non se daba conta moi ben do que a moza debía aprender alá). A campesiña discutiu a proposición co seu marido, quen non cesaba de engurrar as cellas e que, para comezar, limitouse a cuspir diante del a guisa de resposta. Preguntou por fin:

-Di, pois, é que a dama sabe que Ana é un pouco...?

Dicindo isto, axitou a súa man morena e rugosa ante a súa fronte cunha folla de castiñeiro.

-Imbécil -respondeu a campesiña-. Non iremos con todo a...

...

28 de setembro de 2020

Vocabulario médico galego

actinoneurite







s.f. Neurite producida pola exposición ás substancias radioactivas. 

25 de setembro de 2020

Rei Bruxo 146

O Rei Bruxo 146, con moito colorido e o anuncio das novas máscaras que terá AGAX.

En breve agardamos ter algunhas similares.


24 de setembro de 2020

Aforismos de Leonardo

423.- Cando aprendeses bastante perspectiva e incorporado ao teu espírito todos os membros e corpos das cousas, é preciso que adquiras o gusto, nas túas horas de solaz, de ver e examinar tanto as paisaxes como os homes, e as actitudes destes cando discuten ou rin ou rifan. Observarás as súas accións mutuas e as dos circunstantes, causantes ou simples espectadores de tales cousas, para anotalas pon signos abreviados, na forma dita, sobre un pequeno caderno que levarás sempre contigo. Sobre as súas follas debuxarás con tinta, pois as cousas que sobre elas vaias figurando non deben ser borradas co fin de utilizar de novo as follas, senón que, así a todo, deben conservarse con gran dilixencia. Cando encheses un caderno, empregarás, outra nova e, coleccionadas todas, serán elas os teus autores e mestres, que axudarán a túa memoria, incapaz de lembrar, por si soa, as infinitas formas e movementos das cousas.