31 de agosto de 2020
30 de agosto de 2020
Ana Peleteiro
Españoles hai moitos pero galegos non tantos.
Crack!
29 de agosto de 2020
28 de agosto de 2020
Inicio de Jim
Theodore Wallace era un home novo. Pero os seus 28 anos non concordaban en absoluto con aquel corpo débil e enfermizo e aquel rostro cheo de engurras prematuras. Aqueles ollos tan afundidos nas súas concas, o seu pelo lacio e a súa cara demacrada conferíanlle unha aparencia tan cadavérica que parecía saído de ultratumba.
Ninguén na Nova Orleans de 1.813 sospeitaba sequera a súa verdadeira idade aínda que había habladurías respecto diso. Tampouco deixaba de falarse por aquela época das súas estrañas afeccións e as súas aínda máis extravagantes libros e relatos, das luces da súa mansión acesas toda a noite ou da estraña mirada do seu criado. Non faltaba tampouco quen afirmaba que estaba tolo.
...
27 de agosto de 2020
26 de agosto de 2020
Novela semanal. 23ª entrega
Xa levan vinte minutos na autoestrada en dirección leste cando Amans lle pide a Duchamps que apague o seu teléfono móbil. Non quero que te rastrexen ata o lugar de destino, di cun ton serio. O detective fai o que lle indique o condutor e, ipso facto, este colle a primeiro cambio de sentido dirección a Vaillard.
Chegan a un chalé
situado nas aforas da cidade. É unha casa ben feitiña situado dentro dunha zona
arbórea que proporciona privacidade pero cun xardín propio bastante amplo para
desfrutar do ceo azul. Entran no garaxe co Lamborghini e Duchamps sae do coche
para estirar ben o corpo e espertar os músculos que lle quedaron durmidos.
Do garaxe pasan
ao salón da casa. Tes wifi aquí? Necesito mirar como quedaron os partidos da
NBA, di o detective. Non, non quero que me poidan localizar, contesta Amans. Se
queres mirar iso acende o móbil cando marchemos. Icindi i míbil quindi
mirchimos... repite Duchamps. Non teño conexión a internet no móbil, pensas
que son millonario? Amans suspira e indica coa man ao detective para que se
sente no sofá. Vouche comentar como queda a situación despois de todo o que
pasou estes días.
Continuará...




