31 de maio de 2020

10 lugares que visitar en Galicia

10 lugares que visitar en Galicia.
Mala elección da música pensamos.

Que 10 lugares visitarías na nova normalidade onde podamos estar sen apreturas?

30 de maio de 2020

A Coruña antiga

Hai duas semanas publicabamos unha de case o mesmo sitio, pero noutro ángulo.

28 de maio de 2020

Aforismos de Leonardo

406.- O mestre que pretendese non só comprender todas as formas e efectos da natureza, senón tamén ser capaz de conservalas en si, pareceríame de verdade rico en ignorancia, xa que tales efectos son
infinitos e a nosa memoria non é bastante grande para darlles cabida.

27 de maio de 2020

Novela semanal. Vixesimoprimeira entrega.

Aínda que deixou aos investigadores atrás, non pode evitar sentir que está a ser vixiado. El apura para chegar ao punto de reunión tanto como lle permiten os semáforos e o coche.

Xa está á altura do café pero non ve nada raro. Aparca nunha rúa próxima, apaga o motor e camiña cara ao punto de reunión. Duchamps mira a través da porta de cristal do local pero non hai ninguén sentado nas mesas nin tomando algo na barra así que decide entrar. Vai á barra e pide un café e un croissant porque non comeu nada dende que espertou. El séntase no seu sitio favorito e dous minutos despois tráenlle o almorzo. A pesar de estar en perigo, non pode evitar poñer cara de felicidade ao dar a primeira dentada.

Unha man agarra o ombreiro do detective, que por pouco afoga do susto. Non se preocupe, di unha voz aguda. Son amigo do Comisario Delaville, veña comigo, este local non é seguro para falar. O detective dáse a volta e recoñece ao momento esa figura inesquecible. Diante del está Amans, aínda que desta vez leva roupa un pouco máis discreta. Contra a súa vontade, Duchamps vese obrigado a abandonar o seu almorzo ao tempo que unha bágoa esvara pola súa meixela.

Continuará...

26 de maio de 2020

LOS ESTUPIDOS MAS LOCALIZABLES

En los días que corren solo hay una ventaja clara; se puede ver mejor a los estúpidos, incluso desde lejos. Simplemente no llevan mascarilla. Evidentemente pasarán por estúpidos alguno que no lo son y obviamente también hay estúpidos con mascarilla. Pero ha venido a simplificar la cosa, al darlos una indicación que podemos contrastar con otras.
Dos consideraciones a mayores, parece por lo que se ve en televisión que la estupidez es más frecuente en los barrios proclives a manifestarse; los populares y los de los ricos. La imbecilidad es democrática y no sabe de clases sociales pero parece tener predilección por los extremos.
La otra idea es que además podemos encontrar sin mascarilla a un tipo que nos indica que no puede llevar mascarilla porque se ahoga (uno de los casos aceptables para no llevarla) pero mientras explica esto va fumando.
Otras generaciones que no han vivido esta situación probablemente no gozaron nunca de una herramienta tan sencilla para determinar estupidez de un vistazo.

25 de maio de 2020

Vocabulario médico

achacoso –a 




adx. Que sofre achaques con frecuencia, propio das persoas de idade.