Díme o que queiras que llo estás dicindo ao meu esqueleto.
Gustavo Urrego
30 de xuño de 2014
29 de xuño de 2014
GONÇALO EANES DO VINHAL [V 1005]
GONÇALO EANES DO VINHAL [V 1005]
Abadessa, Nostro Senhor
vos gradesca, se lhi prouguer,
porque vos nembrastes de mí,
a sazón que m'era mester:
u cheguei a vosso logar,
que tan ben mandastes pensar
i do vosso comendador!
Ca morto fora, mia senhor,
de gran lazeira, sei de pran;
mais nembrastes-vos ben de min,
e todos me preguntarán
se vos saberei eu servir
quan ben o soubestes guarnir
de quant'el havía sabor.
Hajades por én galardón
de Deus, senhor, se a el praz,
porque vos nembrastes de min,
u m'era mui mester assaz;
o comendador i chegou,
e, se el ben non albergou,
non foi por vosso coraçón.
Deus vos dé por én galardón
por mí, que eu non poderei,
porque vos nembrastes de min,
quand'a vosso logar cheguei;
ca ja d'amor e de prazer
non podestes vós máis fazer
ao comendador, entón.
Cento dobr'hajades por én
por mí, que lhi non mingou ren
de quant'havía na maisón.
Abadessa, Nostro Senhor
vos gradesca, se lhi prouguer,
porque vos nembrastes de mí,
a sazón que m'era mester:
u cheguei a vosso logar,
que tan ben mandastes pensar
i do vosso comendador!
Ca morto fora, mia senhor,
de gran lazeira, sei de pran;
mais nembrastes-vos ben de min,
e todos me preguntarán
se vos saberei eu servir
quan ben o soubestes guarnir
de quant'el havía sabor.
Hajades por én galardón
de Deus, senhor, se a el praz,
porque vos nembrastes de min,
u m'era mui mester assaz;
o comendador i chegou,
e, se el ben non albergou,
non foi por vosso coraçón.
Deus vos dé por én galardón
por mí, que eu non poderei,
porque vos nembrastes de min,
quand'a vosso logar cheguei;
ca ja d'amor e de prazer
non podestes vós máis fazer
ao comendador, entón.
Cento dobr'hajades por én
por mí, que lhi non mingou ren
de quant'havía na maisón.
28 de xuño de 2014
2ª Parte de 20.000 leguas de viaxe baixo os mares (LXVI)
A nosa situación no interior era tan intolerable que cando nos chegaba a quenda de revestirnos coas escafandras para ir traballar faciámolo con présa e cun sentimento de intensa felicidade. Os picos resoaban sobre a capa xeada, os brazos fatigábanse, as mans se desollaban, pero que importaban o cansazo e as feridas! Alí o aire vital chegaba aos pulmóns! Respirábase! Respirábase!
E, con todo, ninguén prolongaba máis do debido o seu tempo de traballo. Cumprida a súa tarefa, cada un facía entrega aos seus compañeiros xadeantes do depósito que debía verterlle a vida. O capitán Nemo era o primeiro en dar exemplo. Chegada a hora, cedía o seu aparello a outro e regresaba á atmosfera viciada de a bordo, sempre tranquilo, sen un desfalecemento, sen unha queixa.
Aquel día realizouse con máis vigor aínda o traballo habitual. Quedaban soamente por arrincar dous metros. Dous metros de xeo separábannos tan só do mar libre. Pero os depósitos estaban xa case baleiros de aire. O pouco que quedaba debía reservarse aos traballadores. Nin un átomo para o Nautilus.
Cando regresei a bordo, sentín sufocado. Que noite! Imposible é describir tales sufrimentos. Ao día seguinte, á opresión pulmonar e á dor de cabeza sumábanse unhas terribles vertixes que facían de min un home ebrio. Os meus compañeiros padecían os mesmos síntomas. Algúns homes da tripulación emitían un rouco estertor.
Aquel día, o sexto do noso aprisionamento, o capitán Nemo, estimando demasiado lento o traballo do pico, decidiu esmagar a capa de xeo que nos separaba aínda da auga libre. Este home conservara o seu sangue frío e a súa enerxía, e pensaba, combinaba e actuaba, dominando coa súa forza moral a dor física.
Por orde súa desprazouse ao navío da capa xeada en que se sustentaba, e cando se achou á boia subiu até situalo encima do gran foso delimitado segundo a súa liña de flotación. Logo, ao ir enchéndose os seus depósitos de auga, descendeu até encaixarse no alvéolo. Toda a tripulación subiu a bordo e pechouse a dobre porta de comunicación. O Nautilus achábase así sobre a capa de xeo, que non excedía dun metro de espesor e que as sondas furaran en mil puntos.
Abríronse ao máximo as válvulas dos depósitos, e cen metros cúbicos de auga precipitáronse neles, aumentando en cen mil quilogramos o peso do Nautilus.
Esquecendo os nosos sufrimentos, esperabamos, escoitabamos, abertos aínda á esperanza da última baza á que xogabamos a nosa salvación.
A pesar dos zumbidos que enchían os meus oídos puiden ouvir os chasquidos que baixo o casco do
Nautilus provocou o seu desnivelamento. Inmediatamente despois, o xeo estalou cun ruído singular, semellante ao do papel cando se rasga, e o Nautilus descendeu.
-Pasamos -murmurou Conseil ao meu oído.
Non puiden responderlle. Collín a súa man e aperteilla nunha convulsión involuntaria.
De súpeto, o Nautilus, levado pola súa tremenda sobrecarga, afundiuse como un obús baixo as augas, polas que caeu como o fixo no baleiro.
Toda a forza eléctrica aplicouse entón ás bombas que inmediatamente comezaron a expulsar a auga dos depósitos. Ao cabo duns minutos, conseguiuse deter a caída. E moi pronto, o manómetro indicou un movemento ascensional. A hélice, funcionando a toda velocidade, sacudiu fortemente ao casco do navío até nos seus pernos, e impulsounos cara ao Norte.
Pero canto tempo podía durar a navegación baixo o banco de xeo até achar o mar libre? Talvez un día? Eu morrería antes.
A medias reclinado nun diván da biblioteca, xadeaba pola opresión pulmonar. O meu rostro estaba
amoratado, os meus beizos, azuis, os meus sentidos, abotargados. Xa non vía nin ouvía nada e os meus músculos non podían contraerse. Perdera a noción do tempo e seríame imposible dicir as horas que
transcorreron así. Pero si tiña conciencia de que comezaba a agonía, de que ía morrer.
Súbitamente, volvín en min ao penetrar nos meus pulmóns unha bocanada de aire. Emerxeramos á superficie do mar e deixado atrás o banco de xeo? Non! Eran Ned e Conseil, os meus dous bos amigos, que se sacrificaron para salvarme. No fondo dun aparello quedaban algúns átomos de aire e no canto de respiralo o conservaran para min, e mentres eles asfixiábanse, vertíanme a vida pinga a pinga. Quixen retirar de min o aparello, pero suxeitáronme as mans, e durante algúns instantes respirei voluptuosamente.
Mirei ao reloxo. Eran as once da mañá. Debiamos estar a 28 de marzo. O Nautilus navegaba á brava
velocidade de corenta millas por hora e retorcíase na auga.
Onde estaría o capitán Nemo? Sucumbirían el e os seus compañeiros?
Naquel momento, o manómetro indicou que nos achabamos tan só a vinte pés da superficie, separados da atmosfera por un simple campo de xeo. Sería posible rompelo? Talvez. En todo caso, o Nautilus ía tentalo. En efecto, puiden advertir que adoptaba unha posición oblicua, indinando a popa e levantando o seu espolón. Bastara a introdución de auga para modificar o seu equilibrio. Impelido pola súa poderosa hélice atacou ao ice-field por baixo como un formidable ariete. Ía rebentándoo aos poucos en sucesivas arremetidas para as que tomaba impulso de cando en vez dando marcha atrás, ata que, por fin, nun movemento supremo lanzouse sobre a xeada superficie e rompeuna co seu empuxe.
Abriuse a escotilla, ou mellor, arrincouse, e o aire puro introduciuse a ondas no interior do Nautilus.

27 de xuño de 2014
Fragmento de Males de Cabeza
Un texto de Francisco Alonso Villaverde, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, escritor galego.
Carapuchiña e o pobo feroz
Unha vez era unha nena de aldea moi feitiña e moi boa que vivía nun pazo co seu pai e a súa nai e mais dous irmáns varóns. A súa avoa, que a quería moito, agasallouna un día cunha carapucha vermella que ela mesma tecera e como a nena a vestía sempre, e ademais era moi pequena, toda a xente deu en chamarlle Carapuchiña Vermella. O seu pai era o cacique do lugar.
Había anos que non se levaba coa avoa (a súa nai) e tempo atrás acabara por botala do pazo. El mandaba todos os días a Carapuchiña á casa da vella cunha botella de viño e unha empanada de pan de millo, porque tampouco era mal home. A avoa vivía nunha casa ó outro lado do bosqué e Carapuchiña tiña que atravesalo a diario. A primeira vez, o pai díxolle á nena:
-Rapariga, cando atraveses o bosque non pares a falar con ninguén nin te desvíes nunca do camiño.
Durante un tempo ela cumpriu o mandato do pai, pero un día Carapuchiña topou co lobo, que non era mal animal e o pobre estaba moi só e moi perseguido polos gandeiros da zona.
...

26 de xuño de 2014
25 de xuño de 2014
Inicio de SPITFIRE
SPITFIRE
Gilberto Solís
Agosto 20, 1941
Nalgún lugar sobre Inglaterra...
O zumbido alertouno da proximidade do seu inimigo! Desesperado virou a cabeza cara un e outro lado, buscándoo coa vista. Ah! aí! detrás, por arriba e achegándose axiña!.
A toda velocidade elevouse, trazando un arco cara á esquerda. O seu opoñente, aínda incapaz de saír do seu picado, pasouno e nivelouse uns 300 metros mais abaixo.
Agora era a súa quenda.
Virando grácilmente lanzouse nunha hábil catenaria sobre el, á vez que aumentaba a velocidade. Pero o outro o viu, virou con presteza á dereita ciñéndose no xiro, nun intento bastante hábil por confrontalo.
Ao ver esta reacción desacelerou. O seu branco, agora malogrado, dirixiuse cara a el. Aumentou a velocidade unha vez máis. Se era un duelo o que o outro quería, íalle a mostrar que el non era dos que os rehuían.
Ambos os contendentes aproximáronse velozmente un contra o outro. Aquel que declinase o duelo estaba perdido! Con seguridade o seu adversario perseguiríao até derrotalo.

24 de xuño de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)