31 de decembro de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (LV).

Era un amplo cuadrilátero (dez metros de lonxitude, seis de anchura e cinco de altura) no que as interseccións das paredes estaban recubertas por paneis. Un teito luminoso, decorado con lixeiros arabescos, distribuía unha luz clara e suave sobre as marabillas acumuladas naquel museo. Pois dun museo tratábase realmente. Unha man intelixente e pródiga reunira nel tesouros da natureza e da arte, con esa artística desorde que distingue ao estudo dun pintor.
Unha trintena de cadros de grandes mestres, en marcos uniformes, separados por resplandecientes panoplias, ornaban as paredes cubertas por tapices con debuxos severos. Puiden ver alí teas valiosísimas, que na súa maior parte admirara nas coleccións particulares de Europa e nas exposicións. As diferentes escolas dos mestres antigos estaban representadas por unha madona de Rafael, unha virxe de Leonardo dá Vinci, unha ninfa do Correggio, unha muller de Tiziano, unha adoración de Veronese, unha asunción de Murillo, un retrato de Holbein, un frade de Velázquez, un mártir de Ribera, unha festa de Rubens, dúas paisaxes flamencas de Teniers, tres pequenos cadros de xénero de Gerard Dow, de Metsu e de Paul Potter, dúas teas de Gericault e de Prud’hon, algunhas mariñas de Backhuysen e de Vernet. Entre as obras da pintura moderna, había cadros asinados por Delácroix, Ingres, Decamps, Troyon, Meissonier, Daubigny, etc., e algunhas admirables reducións de estatuas de mármore ou de bronce, segundo os máis belos modelos da Antigüedade, erguíanse sobre os seus pedestais nos ángulos do magnífico museo.
O estado de estupefacción que me augurou o comandante do Nautilus comezaba xa a apoderarse do meu ánimo.
-Señor profesor -dixo aquel home estraño-, escusará vostede o descoido con que lle recibo e a desorde que reina neste salón.
-Señor -respondín-, sen que trate de saber quen é vostede, podo recoñecer en vostede un artista?
-Un afeccionado, nada máis, señor. Noutro tempo gustaba eu de coleccionar estas belas obras creadas pola man do home. Era eu un ávido coleccionista, un infatigable buscador, e así puiden reunir algúns obxectos inapreciables. Estes son os meus últimos recordos desta terra que morreu para min. Aos meus ollos, os seus artistas modernos xa son antigos, xa teñen dous ou tres mil anos de existencia, e confúndoos na miña mente. Os mestres non teñen idade.
-E estes músicos? -preguntei, mostrando unhas partituras de Weber, de Rossini, de Mozart, de Beethoven, de Haydn, de Meyerbeer, de Herold, de Wagner, de Auber e de Gounod, e outras moitas, esparexidas sobre un piano-órgano de grandes dimensións, que ocupaba un dos paneis do salón.
-Estes músicos -respondeu o capitán Nemo- son contemporáneos de Orfeo, pois as diferenzas cronolóxicas bórranse na memoria dos mortos, e eu estou morto, señor profesor, tan morto como aqueles de os seus amigos que descansan a seis pés baixo terra.
O capitán Nemo calou, como perdido nunha profunda fantasía. Mireille cunha viva emoción, analizando en silencio os trazos da súa fisonomía. Apoiado nos seus cóbados sobre unha preciosa mesa de cerámica, el non me vía, parecía esquecer a miña presenza.

30 de decembro de 2011

BRAZOS PRA SEITURA - Canción

O vento da emigración
arrasou a nosa terra,
os vellos laian,
os nenos, berran.

Fai anos cincoenta,
hoxe nin vinte hai,
chega o més da sega
quen seiturará?

Quince na Suiza,
doce alen do mar,
tres no sul da Francia
quen seiturará?

Dos vinte que quedan
dez a traballar,
sete que son nenos
quen seiturará?

Tres vellos que agardan
a morte a chegar,
co corpo engurrado
quen seiturará?

Homes e mulleres,
hai que sementar
a nosa verdade,
por ela loitar.

Pechemo-las portas,
que non fuxan máis,
pois se van todos
quen seiturará?.

29 de decembro de 2011

Aforismos de Leonardo

40.- Os cinco sentidos son: a vista, o oído, o tacto, o gusto e o olfacto. 

28 de decembro de 2011

O contacontos - Terceira Parte

Os pais de Alfonso, que así din que se chamaba este mozo, nome que por certo foi e sigue sendo nesta vila un dos preferidos, quen sabe se en conmemoración a esta historia; os pais, como dicía, renegaran del fai moito tempo, exactamente aos 7 anos da inicial alegría do seu nacemento, cando deran xa por perdida a posibilidade de que a sua falta de dicción se debera a unha teimudez ou a un lento desenvolvemento das súas capacidades motrices, argumento que non se podía descartar de inmediato porque para botar a andar tamen lle fixeran falta 6 anos, aínda que non parece que fora por unha invalidez previa, senón pola carencia de motivación para facelo, pois sentado no duro chan de pedra a carón da lereira permanecía enfrascado na asimilación das inquedanzas da súa nai cunha observación e atención que xamais mostraba por outros aspectos. E esta, acostumada a ese confidente que xamais lle levaba a contraria, contaba ó seu fillo, case como falando para ela mesma, as teimas e non teimas que lle ocorrían diariamente e que traía a casa frescas, o que representaba un alivio para ela e para el un misterioso entretemento e placer.

Pero outras veces, posiblemente influida polo seu marido, nalgún mal día no que non se lle dera ben a venta de dous cochiños, a nai descargaba nel a sua bilis, pero todo o mundo sabía que non era a bilis polos cartos obtidos de menos na venta, senón a contida por mor dese neno que medraba e medraba e canto máis medraba máis cerca pero á vez máis lonxe estaba de entrar na vida popular coa merecida reputación que os seus antepasados foran gañando con suor, e que el so coñecía en pesoas alleas.

Efectivamente, o pai vía ó seu fillo coma unha vergoña, un ser estrano na súa propia casa, sempre apaiolado en nimiedades, sen delatar interés por nada que non fora a súa nai, un pequeno e vello carillón que lle construíra un tío seu carpinteiro, e as frecuentes visitas que atraía a súa nai, froito da falta de TV e programas do corazón maqueles tempos. Por riba de todo isto era Alfonso apreciado pola súa muller en maiores termos ca el, cousa que non entendía, xa que nunca trouxera cartos a casa, e nunca os traería.

Como dicíamos, Alfonso, polo final das festas en Viana do Bolo, atopara unha maneira...

27 de decembro de 2011

DAME LUME - CANCION

Dame lume, Xoana,
polo vertedeiro,
se non me conoces:
eu sonche o ferreiro.

Se tí é-lo ferreiro,
sube pró sobrado;
comerá-lo caldo
no medio ferrado.

Ó medio ferrado,
non-o quero nin vere
eu teño un canciño, larincuncún,
que xa me mantén!

E UN CANCIÑO NON HAI QUE QUEIRA
LARICUNCUN CORRE-LA FREIXEIRA!

Se tés un canciño
que xa te mantén:
por qué me andas tentando
o meu procedere?!

O teu procedere,
xa o teño tentado;
ti por ben mo dabas,
e eu viña roubalo!

Se viñas roubalo,
íbalo sudare,
que no meu sobrado, laricuncún
tamén ladra un cán!

E UN CANCIÑO NON HAI QUE QUEIRA
LARICUNCUN CORRE-LA FREIXEIRA!

26 de decembro de 2011

Querido Santa Claus:


Xa sei que é raro que che escriba hoxe 26 de decembro, pero quero aclarar certas cousas que me ocorreron desde o primeiro de mes cando cheo de ilusións fíxen a miña carta na que pedia que me trouxeras unha bicicleta, un tren electrico, unha play station e un par de patíns.
Quero comentarche que estudiei todo o ano, tanto que non só fun o primeiro da clase, senón que saquei so sobresaintes no colexio; non vouche enganar. Non houbo na vila ninguén que se portase mellor ca min cos seus pais, cos seus irmanciños, cos seus amiguiños e cos veciños.
Facia mandados SEN COBRAR, axudaba aos viexiños a cruzar a rúa e non habia nunca nada que non fixese eu polos meus semellantes, e con todo
QUE OVOS OS TEUS SANTA CLAUS !!!
É que... deixar baixo a arbore un trompo, unha merda trompeta e un maldito par de calcetíns, que carallada!. Que che pasou pola cabeza gordinflón? ou sexa que me tomas por parvo todo este ano para saírme cunha merda asi...   E non conforme con iso, ao idiota do fillo da señora para quen o meu papa traballa, a ese idiota sen educación, malcriado, desobediente que lle grita á súa mama, a ese cabrón que non pode entrar ao seu cuarto de tantos xoguetes que ten, a él si que lle trouxeches todo o que che pediu. Por iso agora quero que veña un terremoto ou algo asi, para quemate a todos, xa que cun Santa Claus tan falso, mellor que nos trague a terra. 
Pero iso se, non deixes de vir o ano que vén por que vou rebentar a pedradas aos teus sarnosos venados: empezando por ese tal Rudolph.  Vouchos espantar para que teñas que regresar a pé coma min cabrón!, xa que a bicicleta que che pedin era para ir ao colexio, que queda lonxe da miña casa.
Aaah! e non quixera despedirme sen antes mentarche a nai, Ogallá que cando vaias ben alto se che voltee o  trineo e esnafres. Pero iso si... advírtoche que o ano entrante vas saber o que é un neno maldito, desgraciado e mal portado.

Atentamente,  Pepiño o cabrón.
P.D. O trompo, a trompeta e o par de calcetíns, podes pasar a recollelos cando querras para que chos metas onde sabes.

25 de decembro de 2011