Diabéticos? Non, grazas. Estou a réxime
Alien
31 de outubro de 2011
30 de outubro de 2011
Libros viaxeiros (4): O cemiterio de Santo Amaro A Coruña
O cuarto libro, que estará a disposición esta semana (no Centro Universitario de Riazor).
Título: O cemiterio de Santo Amaro. A Coruña.
Autor: Xosé Mª Monterroso Devesa
Número Brigantium: 4
ISBN: 846043236X
Número BCID: 662-10247258 (ligazón a bookcrossing)
Idioma: galego reintegrado
Amigos dos Museos de Galicia
Temática: Historia
Páxinas: 112
En varias páxinas hai selos de Palaestra.
O libro é unha recopilación de tumbas coñecidas de persoeiros e outras curiosas do cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Unha excursión diferente ao camposanto. Un pequeno libro que leer rapidamente e coñecer mais da historia da cidade.
Invitamos a xente a ler este libro e compartir as súas opinións.
29 de outubro de 2011
20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XLVI).
10. O home das augas.
Era o comandante de a bordo quen así falara.
Ao ouvir tales palabras, Ned Land incorporouse súbitamente. O steward, case estrangulado, saíu, tambaleándose, a un sinal do seu xefe; pero era tal o imperio do comandante que nin un xesto traizoou o resentimento de que debía estar animado ese home contra o canadense.
Conseil, vivamente interesado a pesar do seu habitual impasibilidade, e eu, estupefacto, agardabamos en silencio o desenlace da escena.
O comandante, apoiado no ángulo da mesa, cruzado de brazos, observábanos cunha profunda atención. Dubidaba de se debía proseguir falando? Cabía crer que lamentaba pronunciar aquelas palabras en francés.
Tras uns instantes de silencio que ningún de nós ousou romper, dixo cunha voz tranquila e penetrante:
-Señores, falo o mesmo o francés que o inglés, o alemán que o latín. Puiden, pois, responderlles durante a nosa primeira entrevista, pero quería coñecerlles primeiro e reflexionar despois. O seu cuádruplo relato, absolutamente semellante no fondo, confirmoume as súas identidades, e souben así que o azar puxérame en presenza do señor Pierre Aronnax, profesor de Historia Natural no Museo de París, encargado dunha misión científica no estranxeiro; do seu doméstico, Conseil, e de Ned Land, canadense e arponeiro a bordo da fragata Abraham Licoln, da mariña nacional dos Estados Unidos de América.
Inclineime en signo de asentimiento. Non había ningunha interrogación nas palabras do comandante, e en consonancia non requirían resposta. Expresábase cunha facilidade perfecta, sen ningún acento. As súas frases eran nítidas; as súas palabras, precisas; a súa facilidade de elocución, notable. E, con todo, eu non podía «sentir» nel a un compatriota.

28 de outubro de 2011
Aires da Miña Terra - I
UNHA BODA EN EINIBÓ
—Cómo te chamas, rapaza?
—Chámome Ádega Silvan.
—Ay , Adega!... Entr' esas silvas
Quixéram' eu enredar...
Tal dixo á certa miniña
Certo diaño de rapaz
E dend' estonces antrambos
Querens' á non poder máis.
Todal-as noites d' inverno
N'as fiadas d'o lugar
Estan de groma e palique
Dend' enton Ádega e Bras;
E non hay festa n'aldea
Nin precision n'a cibdá,
Onde xuntos non s' atopen
Un galan y-outro galan.
Coñece mais sobre o autor e a súa fundación, na páxina desta última. Preme.

27 de outubro de 2011
Aforismos de Leonardo
32.- O home posúe gran razoamento, pero na súa maior parte van e falso; os animais téñeno menor, pero útil e verídico, e máis vale unha pequena certeza que un gran engano.
26 de outubro de 2011
O Parlamento de Galicia declara o 2012 como o ano Celso Emilio Ferreiro
25 de outubro de 2011
Queixumes dos Pinos IV
Nobre e harmoniosa
fala de Breogán,
fala boa, de fortes
e grandes sen rival;
ti do celta aos ouvidos
sempre soando estás
como soan os pinos
na costa de Froxán;
ti nos eidos da Celtia
e co tempo serás
un lábaro, sagrado
que ao triunfo guiará,
fala nobre, harmoniosa,
¡fala de Breogán!
fala de Breogán,
fala boa, de fortes
e grandes sen rival;
ti do celta aos ouvidos
sempre soando estás
como soan os pinos
na costa de Froxán;
ti nos eidos da Celtia
e co tempo serás
un lábaro, sagrado
que ao triunfo guiará,
fala nobre, harmoniosa,
¡fala de Breogán!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)