14 de febreiro de 2022

Vocabulario médico galego

xordo-a 






adx. e s. 1. Privado do sentido do oído. // adx. 2. Relativo á dor persistente, non aguda. 3. Relativo ó son apagado, pouco vibrante. 

12 de febreiro de 2022

Pulp Fiction

O camiño do home recto está por todos lados rodeado polas inxustizas dos egoístas e a tiranía dos homes malos. Bendito sexa aquel pastor que en nome da caridade e da boa vontade saque aos débiles do Val da Escuridade, porque é o auténtico gardián do seu irmán e o descubridor dos nenos perdidos. E asegúrovos que virei castigar con gran vinganza e furiosa cólera a aqueles que pretendan envenenar e destruír aos meus irmáns, e o teu saberás que o meu nome é O Señor cando caia a miña vinganza sobre ti!!

Pulp Fiction

Unha escea mítica


11 de febreiro de 2022

Xadrez venres e sábado

Este sábado comeza a Liga Galega de Xadrez. Pero tamén temos outras actividades.

VENRES DE 18,00 A 18,30
Clases de iniciación no CC Los Rosales. Gratuitas. Para nados en 2008 ou seguintes.
Información AQUI (PREME)

VENRES DE 18,30 A 19,30
Torneo de partidas rápidas para nados en 2008 ou seguintes, tamén no Centro Comercial Los Rosales.
Información AQUI (PREME)

VENRES DE 20,15 A 21,15
No Centro Universitario de Riazor. Circuito de Inverno de partidas rápidas.
A información do circuito podela atopar AQUI (PREME)

SÁBADO DE 16,00 A 17,00
Liga AGAX Online Sub12
Ligazón desta semana: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #bJrcAM9a • lichess.org

SÁBADO DE 17,00 EN ADIANTE
Liga Galega de Xadrez
Información do seu desenvolvmento: www.fegaxa.org 

10 de febreiro de 2022

Aforismos de Leonardo

492.- Donisela.- Descobre a cova do basilisco polo cheiro dos seus ouriños derramados, e mátao; pero moitas veces ese mesmo cheiro mata á donisela.

9 de febreiro de 2022

Kubrick

No 1968 a revista Playboy realizou unha entrevista a Kubrick, quen entón tiña 40 anos, aproveitando o furor e a controversia que a estrea da súa recente película 2001: Odisea no espazo desatara. Kubrick despachouse cunha estupenda reflexión sobre a existencia e o seu sentido.
 
Playboy: Se a vida carece de propósito, sentes que vale a pena vivir?

Kubrick: Si, para aqueles que dalgunha forma argallan o xeito de facer fronte á nosa mortalidade. A mesma falta de sentido da vida forza ao ser humano a crear o seu propio sentido. Os nenos, por suposto, comezan a vida cunha capacidade de asombro pura, poden experimentar total alegría con cousas sinxelas como o verdor dunha folla; pero ao crecer vanse dando conta do inevitable da morte e o seu envellecemento comeza a afectar esa consciencia e súbitamente erradica a súa alegría por vivir, o seu idealismo e a asunción da súa propia inmortalidade.

Cando un neno madura, mira morte e dor o seu redor e comeza a perder a fe, a maior bondade no humano. Pero se é razoablemente forte, e afortunado, pode emerxer deste tropezón da alma e renacer con novo impulso vital.

Grazas e a pesar de ser consciente do sinsentido da vida, pode construír un renovado sentido afirmativo do seu propósito. Talvez nunca poderá reapropiarse daquel sentido puro do asombro, pero pode moldear algo moito máis permanente e substancial.

O feito mais aterrorizante do universo non é que poida ser hostil senón que é indiferente; pero se podemos confrontar esa indiferenza e aceptar os retos da vida dentro dos límites da morte -sen importar que tan flexibles poidamos convertelos- a nosa existencia como especie pode atopar un xenuíno sentido e realización. Sen importar que tan basta poida ser a escuridade, debemos proxectar nosa propia luz.

8 de febreiro de 2022

Unamuno

Non che entenden? 
Pois que che estuden ou que che deixen; non has de rebaixar a túa alma ás súas entendedeiras.


Miguel de Unamuno