7 de setembro de 2021

Garcilaso de la Vega - Sonetos

Pensando qu’el camino iba derecho, 
vine a parar en tanta desventura 
que imaginar no puedo, aun con locura, 
algo de que ’sté un rato satisfecho:

el ancho campo me parece estrecho, 
la noche clara para mí es escura, 
la dulce compañía amarga y dura, 
y duro campo de batalla el lecho. 

Del sueño, si hay alguno, aquella parte 
sola qu’es ser imagen de la muerte 
se aviene con el alma fatigada.

En fin que, como quiera, ’stoy de arte 
que juzgo ya por hora menos fuerte, 
aunque en ella me vi, la que es pasada. 

4 de setembro de 2021

A SOMBRA DAS XOGADAS

A SOMBRA DAS XOGADAS 

Nun dos contos que integran a serie dos Mabinogion, dous reis inimigos xogan ao xadrez, mentres nun val próximo os seus exércitos loitan e esnaquízanse. Chegan mensaxeiros con noticias da batalla; os reis non parecen ouvilos e inclinados sobre o taboleiro de prata, moven as pezas de ouro. 

Gradualmente aclárase que as vicisitudes do combate seguen as vicisitudes do xogo. Cara ao atardecer, un dos reis derruba o taboleiro, porque lle deron xaque mate e pouco despois un xinete ensanguentado anúncialle: 

-O teu exército foxe, perdiches o reino. 

Edwin Morgan, The Week-End Companion to Wales and Cornwall (Chester, 1929). 

3 de setembro de 2021

A DISCIPULA

A DISCIPULA 

A fermosa Hsi Shih engurrou o entrecello. Unha aldeá feísima que a viu, quedou marabillada. Anhelou imitala; asiduamente púxose de mal humor e engurrou imitando. Logo pisou a rúa. Os ricos encerráronse baixo chave e rexeitaron saír; os pobres cargaron cos seus fillos e as súas mulleres e emigraron a outros 
países. 

Herbert Allen Giles, Chuang Tzu (1889). 

2 de setembro de 2021

Aforismos de Leonardo

471.- Castigo.- Cando o lobo penetra cautamente nun cortello e pon por seica o pé en falso, causando ruído, mórdese o pé para castigar o seu erro. 

1 de setembro de 2021

O XURAMENTO DO PRESO

O XURAMENTO DO PRESO 

O Xenio dixo ao pescador que o sacou da botella de cobre amarelo: 

-Son un dos xenios heréticos e rebeleime contra Salomón, fillo de David (que sobre os dous haxa paz!). Fun derrotado; Salomón, fillo de David, ordenoume que abrazase a fe de Deus e que obedecese as súas ordes. Rexeitei; o Rei encerroume nese recipiente de cobre e estampou na tapa o Nome Moi Alto, e ordenou aos xenios sumisos que me arroxasen no centro do mar. Dixen no meu corazón: a quen me dea a liberdade, enriquecereino para sempre. Pero un século enteiro pasou, e ninguén me deu a liberdade. Entón dixen no meu corazón: a quen me dea a liberdade, revelareille todas as artes máxicas da terra. Pero catrocentos anos pasaron e eu seguía no fondo do mar. Dixen entón: a quen me dea a liberdade, eu outorgareille tres desexos. Pero novecentos anos pasaron. Entón, desesperado, xurei polo Nome Moi Alto: a quen me dea a liberdade, eu matareino. Prepárache a morrer, oh o meu salvador. 

Da noite terceira do libro do Mil e Unhas Noites.