ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VIII
Entonces xa os galegos estabamos como o peixe na auga, como, como celtas. ¿Por qué lle gusta esto a unha xente tan humilde coma nós, coma os galegos, dunha terra tantos longos anos pobre, unha terra realmente todos vós o sabedes, moitos de vós tedes sabido daqueles pequenas aldeas nosas, todos sabedes a pobreza da nosa vida cotián, por qué lle gustou esto porque preferiu por exemplo os suevos unha caste heroica tremenda grandes cabalgadores, grandes heroes unha das máis puras sangues que produxo nunca a selva xermánica, non foron estos celtas, esta xente esparexida que non logrou nunca formar un estado, sempre dividida en pequenos, en pequenos bandos indo pra aquí pra alá cos seus rebaños de vacas e cos seus rebaños de cabalos, facendo exorcismos ó ferro cando se lle traballa na fragua, unha raza pobre e sen embargo amiga do ouro, tan amiga do ouro que hai un libro dun gran filólogo irlandés actual, neste momento, dos estudios da lingua gaelica en Dublín o profesor Mc Macanan, moi amigo meu que escribiu un libro en que explica algúns dos éxitos, das emigracións dos celtas pola búsqueda do ouro.
Esto veu tamén a Galicia a mezclarse un pouco co problema dos celtas, por exemplo Murguía en que el pensaba hai unhas cartas de Murguía en que el pensaba escribir ou pensaba facer Don Vicente Risco tamén se preocupou moito deste tema, como vostedes saben cando os romás chegaron a Galicia foron un pouco sorprendidos pola cantidá de ouro que topaban nos chafas e nos deuses das distintas tribus, son esas xoias de ouro algunhas fermosísimas que se conservan nos museos galegos por exemplo no museo de Pontevedra e non museo de Lugo, os torques, as diademas o tesouro de Calas, o tesouro da Augalada o tesouro o gran torques de Burela en Ribadeo, que son nada menos que dúas libras en media de Ouro, etc.
E os romás explotaron o ouro galego, o ouro estaba como saben, no extremo sudeste de Galicia, no Sil.
7 de outubro de 2018
6 de outubro de 2018
Citas de Groucho Marx
Citas de Groucho Marx
-Fóra do can, un libro é probablemente o mellor amigo do home, e dentro do can probablemente está demasiado escuro para ler.

5 de outubro de 2018
4 de outubro de 2018
Aforismos de Leonardo
332.- A imaxinación non ve tan excelentemente como o ollo, porque este recibe as aparencias ou similitudes dos obxectos e transmíteas á sensibilidade, e da sensibilidade ao común sentido, que as xulga. Pero a imaxinación non sae fóra do común sentido senón para ir á memoria, onde se detén e morre, se a cousa imaxinada non é de gran excelencia. Neste caso a poesía reaparece na mente ou na imaxinación do poeta, que inventa as mesmas cousas que o pintor e pretende con elas igualalo; pero queda moi lonxe del, como antes demostrámolo. Logo, pois, nestas invencións, poderemos axustándonos á verdade, dicir que hai tanta distancia da ciencia da pintura á poesía como entre o corpo e a sombra que proxecta; ou maior aínda, posto que a sombra de tal corpo entra polo menos polo ollo até o común sentido, mentres que a imaxinación do mesmo corpo nace alí mesmo, no común sentido (ou cerebro). Canta diferenza entre o imaxinar a luz no cerebro e vela efectivamente fóra das tebras!
3 de outubro de 2018
2 de outubro de 2018
Representacións escultóricas de personaxes secundarios en Exipto.

As persoas que non teñen un rango divino, como funcionarios e serventes, están plasmados con maior realismo. Aparece, así, a escultura de xénero que representa oficios ou tipos concretos de persoas, como os escribas e os grupos familiares. En realidade, a escultura refírese sempre a tipoloxías que encadran as diferentes categorías sociais e non a individualidades concretas.
Son paradigmáticas as figuras femininas de serventas, realizadas en calcaria policromada de tamaño variado como o da muiñria (Museo Exipcio, O Cairo), pertencente á V dinastía. A serventa está de xeonllos cun rodete entre as mans que utiliza como muíño plano. A figura capta unha acción e rompe por completo os esquemas mencionados anteriormente.
O feito de que se represente unha persoa pertencente a un rango social inferior permite plasmar unha escena chea de vida e temporal. Desaparece, pois, a rixidez e o carácter monumental. Outra figura, A cervexeira (Museo Exipcio, O Cairo), pertencente tamén á V dinastía, aparece representada de pé co torso inclinado sobre un gran recipiente para prensar a cebada. Son frecuentes, así mesmo, os grupos familiares, en particular a parella de esposos, que poden permanecer de pé ou sentados, aínda que o máis común é que o home permaneza sentado e a muller de pé. A miúdo, ambas as figuras cóllense coas mans pola cintura.
A representación de nenos non é tan habitual, aínda que tamén aparecen en escenas familiares, sobre todo durante o período da reforma relixiosa do faraón Amenofis IV, quen introduciu importantes modificacións nos temas e as normas escultóricas.
Un destes grupos familiares é o do anano Seneb, da VI dinastía. A parella aparece sentada. Os dous fillos de menor tamaño están diante, unidos á parede pétrea, na zona que ocupasen as pernas do pai de non tratarse dun anano. As diferentes expresións, de ton grave no rostro de Seneb, de dozura na muller e de graciosa timidez nos nenos, outorgan ao conxunto un encanto indiscutible.
Hai un tipo de esculturas que sen chegar a ser exentas, case son de vulto redondo. Trátase de estatuas-relevo que se atopan integradas nos muros das mastabas e hipoxeos formando parte da propia arquitectura. As tipoloxías son as mesmas, sedentes ou de pé; inicialmente estaban policromadas. Nestes casos, a pedra cubríase cunha capa de estuco sobre a que, posteriormente, aplicábase a pintura.

1 de outubro de 2018
ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA VII

Entón Pondal colle a McPherson e os poemas ossiánicos e escribe el "Queixumes dos pinos" que son unhos poemas ossiánicos. Claro Pondal non sabía celta e tiña que inventar nomes para os celtas ¿que fai? colle os nomes das aldeas de Bergantiños, da Terra de Xallas, de Ponteceso, de Carballo, de Camariñas, de Xornes, de Ponteceso e estos nomes de lugares, estes nomes de bosques ou estes nomes de montes ou de ríos transfórmaos en nomes de celtas, en nomes de fermosísimas rapazas, en nomes de grandes reises, hai un pinar que se chama (Gundar.) bueno pois entón vai Pondal e inventa unha fada que se chama (Gundar...) que ten o cabelo de ouro... en fin á parte de mesturar con eles nomes como de Fingal, un dos heroes típicos dos poemas macphersonianos, e entón de aí vén xa está incontenible riada: os galegos somos celtas, están aí ademais os "Queixumes dos pinos"; somos irónicos e excépticos coma os celtas, somos racionalistas, amigos dos panaceos coma os celtas, somos amigos das recomendacións como os celtas, que tiñan un carballo e un dios metido nun carballo para poder mandar as recomendacións. Para colmo, nos procesos de inquisición que para Santiago que publican Tetamancy e Neira de Mosquera, resulta que un dos demos que máis circulan nos procesos de inquisición galega é o famoso Astarot que se chama Astarote nas bruxas dos procesos daquel tempo, e é aínda moi coñecido en certos lugares de Galicia. Eu teño localizado en tres ou catro sitios persoas que vamos, que falaban de Astarot e traballaban un pouco con el. Entonces este Astarot é amigo da xente rica, é amigo de facer favores, e xa no Talmud os xudeos consideran que é...., ah ben, hai que decir unha cousa que é que cando a rebelión dos ánxeles contra dios houbo un grupo que quedou neutral, e este grupo neutral, esta terceira forza, quen a mandaba era o demo Astarot. Pero entonces Deus dixo "¿Ah si? ¡Ó inferno todos!, porque está ditos nas escrituras que Deus vomitará os tibios", de modo que os neutrales tamén os mandou ó pozo e Astarot era o xefe deles. De modo que este home da terceira forza, polo tanto quere estar a ben con todos, especialmente cos ricos e é un avogado das recomendacións.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)