ROI PÁEZ DE RIBELA
Vén un ricome das truitas,
que compra dúas por muitas,
e coz'end'a ua.
Por quanto xi queren nenas,
compra én dúas pequenas,
e coz'end'a ua.
Venden cen truitas vivas,
e compra én dúas cativas,
e coz'end'a ua.
E, u as venden bolindo,
vai-s'en con dúas riíndo,
e coz'end'a ua.
28 de xaneiro de 2018
27 de xaneiro de 2018
Miradoiro do Ézaro
Moi preto do miradoiro atópase o punto de inicio da ruta de sendeirismo cara á cima do Monte Pindo.
O mais salientable é a panorámica sobre o estuario e o tramo final do río Ézaro e a localidade do mesmo nome.
26 de xaneiro de 2018
Desencadeantes
Existíu, por tanto, un sentimento acumulado de agravio, polos males e danos que as vilas e a xente recibían das fortalezas (percibidas como refuxios de malfeitores), tanto de señores e cabaleiros como de prelados, como indican as testemuñas do Preito Tabera - Fonseca:
Danos robos e males. Robo de ombres, personas y en sus vienes, robandoles sus bois y bestias y que les forçaban sus mugeres e fijas e que muchos de los dichos danos se azían ansi de las gentes que en sus casas como en la de las fortalezas.
Por iso a irmandade focalizouse na demolición dos seus refuxios, as fortalezas. A estes determinantes compoñentes emotivos sumábanse as segundas intencións de emancipación da vasalaxe e a liberación de pago de rendas do señor; terminar co sistema de fortificacións construídas entre os séculos X e XV.

25 de xaneiro de 2018
Aforismos de Leonardo
314.- Unha ciencia é tanto máis útil canto máis universalmente poden
comprenderse as súas producións; e, ao contrario, o serán menos na
medida en que estas sexan menos comunicables.
24 de xaneiro de 2018
Inicio de O Obsequio de Gohr
O Obsequio de GohrEric Lavín
Gohr estaba moi feliz durante aquela mañá. Era o comezo do sexto ano do segundo período Thaler. O día exacto en que debía ingresar ao Gimnasium para converterse nun formidable guerreiro antrariano, tal como cinco períodos no pasado fíxoo o seu pai e, outro cinco antes, o seu avó.
Sentado sobre as altas e agrestes rocas de Isgmah Relish Dahl, observaba con plácido e inusual embelesamiento como as flores tentaculares das alturas desprazábanse moi rapidamente, entre os intersticios rochosos, para absorber os primeiros raios matutinos provenientes desde o sol azul-verdoso de Antrar.
Sen lugar a discusión, aqueles fráxiles e escurridizos organismos híbridos que Gohr observaba posuían un instinto moi sabio. O mesmo instinto que, con meticuloso e exacto accionar, impulsábaos a hibernar durante o prolongado e cru período invernal. No entanto, a pesar de tal precaución, só a décima parte da súa poboación sobrevivía a tan difícil e sostido período de inclemencia climática.
...
23 de xaneiro de 2018
JOÁN DE LEÓN
JOÁN DE LEÓN
Os namorados que troban d'amor
todos devían gran doo fazer
e non tomar en si nen uu prazer,
porque perderon tan boo senhor
como el-rei don Denís de Portugal,
de que non pode dizer nen uu mal,
homen, pero seja posfaçador.
Os trobadores que pois ficaron
eno seu reino e no de León,
no de Castela, e no d'Aragón,
nunca pois de sa morte trobaron.
E dos jograres vos quero dizer:
nunca cobraron panos nen haver
e o seu ben muito desejaron.
Os cavaleiros e cidadãos
que deste rei havían dinheiros
e outrossí donas e'scudeiros
matar se devían con sas mãos,
porque perderon a tan bõo senhor,
de que posso eu ben dizer sen pavor
que non ficou d'al nos cristãos.
E máis vos quero dizer d'este rei
e dos que del havían ben-fazer:
devían-se deste mundo a perder
quand'el morreu, per quant'eu vi e sei,
ca el foi rei atán mui prestador
e saboroso e d'amor trobador,
todo seu ben dizer non poderei!
Mais tanto me quero confortar
en seu neto, que o vai semelhar
en fazer feitos de muito bõo rei.
Os namorados que troban d'amor
todos devían gran doo fazer
e non tomar en si nen uu prazer,
porque perderon tan boo senhor
como el-rei don Denís de Portugal,
de que non pode dizer nen uu mal,
homen, pero seja posfaçador.
Os trobadores que pois ficaron
eno seu reino e no de León,
no de Castela, e no d'Aragón,
nunca pois de sa morte trobaron.
E dos jograres vos quero dizer:
nunca cobraron panos nen haver
e o seu ben muito desejaron.
Os cavaleiros e cidadãos
que deste rei havían dinheiros
e outrossí donas e'scudeiros
matar se devían con sas mãos,
porque perderon a tan bõo senhor,
de que posso eu ben dizer sen pavor
que non ficou d'al nos cristãos.
E máis vos quero dizer d'este rei
e dos que del havían ben-fazer:
devían-se deste mundo a perder
quand'el morreu, per quant'eu vi e sei,
ca el foi rei atán mui prestador
e saboroso e d'amor trobador,
todo seu ben dizer non poderei!
Mais tanto me quero confortar
en seu neto, que o vai semelhar
en fazer feitos de muito bõo rei.
22 de xaneiro de 2018
Aliñación do Deportivo
Aliñación do Deportivo e 1910. Naquel ano na dous ferroláns enfrontados terán protagonismo; José Canalejas, demócrata e reformista, ao fronte do Goberno e Pablo Iglesias, fundador do PSOE, que conseguiu meter ao seu partido nas Cortes.
O cometa Halley aproximouse á Terra e algúns pensaron que era o fin do mundo, dende logo non na Coruña, onde miles de persoas participaron en festexos similares aos do entroido.
Na cidade foi inaugurado o Mercado da Praza de Lugo e a Imprenta Roel, que na Guerra Civil chegou imprimir billetes e selos. Na cidade vivían unhas 70.000 persoas. Outro suceso salientable foi a voda no Pazo de Meirás de Blanca Quiroga Pardo-Bazán e o militar máis condecorado da súa promoción; José Cavalcanti.
No Torneo da Federación de Fútbol inscribíronse só sete clubs para a fase final en Madrid, pero só acudiron tres; o Barcelona, o Español de Madrid e o Deportivo. Aproveitando a ocasión o Centro Galego organizou unha xornada galega en Madrid, coa nutrida colonia coruñesa. Asistiron o ministro de Estado, García Prieto e o Subsecretario de Gobernación, Fernández Latorre, na súa condición de socios de honra do Deportivo dende 1908, e os deputados coruñeses en Madrid.
Perdéronse os dous partidos. No primeiro desmontouse a portaría do Deportivo e no medio da confusión outorgouse validez a un gol. O segundo encontro perdeuse fronte ao Barcelona, equipo ao que houbo que agardar tanto que a Federación quería eliminalo por incomparecencia pero o Deportivo negouse.
A Directiva do deportivo aprobou o escudo deseñado por Longueira e debuxado por Leandro Álvarez. Ao solitario cinto de cabaleiro engadíaselle o pendón morado da Sala Calvet, e a repetición da coroa na bandeira galega.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)